FERROL360 | Luns 11 decembro 2017 | 13:48
María Xosé Silvar, Ses, a revolución feminista e feminina da música galega estará de novo pola nosa comarca este vindeiro martes. Logo de tocar no festival Treme a terra esta fin de semana en Pontedeume desta volta tócalle asinar discos.
A biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán, na rúa Magdalena, acollerá dende as 19:30 horas á música, que asinará exemplares do seu novo traballo Readmirando a condición.