Home / Sociedad / Entidades sociales / Sesión de contacontos este mércores en Neda con Cruz Vermella sobre familias acolledoras

Sesión de contacontos este mércores en Neda con Cruz Vermella sobre familias acolledoras

FERROL360 | Mércores 10 abril 2019 | 9:31

A programación de Lésme un conto? volve este mércores a Neda da man da obra O corazón de Lolo, unha historia cunha mensaxe social e orientada a participación de nenos e nenas con idades entre os 3 e 9 anos.

O conto narra as dúbidas dun pato, chamado Lolo, que vai pasar uns días cunha familia que non é a súa. É o argumento co que a Cruz Vermella, a través da campaña Abre outra porta no teu corazón, trata de aumentar o número de familias acolledoras para garantir axuda a menores que atravesan unha situación de crise ou dificultade nas súas familias que lles impiden atendelos correctamente de maneira temporal.

A convocatoria será ás 18.30 horas e terá lugar na biblioteca municipal. A duración do encontro é de 45 minutos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies