Home / Opinión / De quen vés sendo? / Síndrome de Estocolmo

Síndrome de Estocolmo

FRANCISCO MACEIRA | De quen vés sendo? | Ferrol | Venres 24 xuño 2016 | 10:45

O 26 de xuño terá lugar de novo algo que nunca poderei entender. Como é posible que xente desafiuzada vote polas persoas que os botaron das súas casas? Gandeiros que apoien ós que os afunden pagándolles 28 céntimos o litro de leite.

Emigrantes vitoreando ós que multaron o seu esforzo de toda a vida no estranxeiro. Xoves afincando polos que os condearon a colgar o seus títulos e poñer copas nun furancho de Londres. Matrimonios, que non se ven ata a noite, cando recollen ós cativos dos avós, dando a papeleta ós diseñadores dos seus traballos lixo e “conciliación familiar”.

Anciáns rozando a indixencia, condescendentes cos herdeiros de Don Manuel, porque foi el quen lles deu a paga. Empresarios arruinados (por pagar honradamente os seus impostos) nos mítines dos que pagaron as obras da sede Génova en B. Ignorantes que votan para que España non se rompa. Ou non se convirta nunha Venezuela e poidamos ter papel hixiénico a esgalla.

Afectados da banca entregándose ós señores das tarxetas black. Usuarios da cociña económica coas siglas dos que se repartiron obscenamente sobres cheos de billetes de 500. Miserables entregando o seu voto ós responsables da súa miseria.

Non vou revelar o sentido do meu voto porque é intrascendente. So significar que ver todo isto, ver incluso a pais, que están vivindo un inferno por mor da dogradicción dos seus fillos, votar polo timonel de Marcial Dorado é superior a mín.

Definitivamente o 26J volverei a sentir arcadas. E vergonza. Moita vergonza da miña xente e do meu país.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies