Home / Ferrol / Narón / Sorteados os vales de compra da campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre»

Sorteados os vales de compra da campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre»

FERROL360 | Xoves 14 xaneiro 2016 | 18:23

O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Olga Ameneiro, representante da Asociación de Comercio de Narón, foron os encargados de coller, entre todas as papeletas recibidas, as gañadoras do último sorteo da campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre».

Os dous vales de 500 euros para comprar en comercios da localidade recaeron en Mercedes Docurro e María del Carmen Arribas, veciñas de Ferrol e Narón e que depositaron as papeletas nas urnas dos establecementos Din y Don Jugueterías e Froitas Améndoa, respectivamente.

Os outros dous vales, por importe de 300 euros cada un, son para Amalia Pardo e Noelia Bogo, de Narón, que realizaron as súas compras en Herbodietética Eva e El Globo o El patito de goma, xa que a última agraciada participou na campaña en ambos locais comerciais.

Os galardoados recollerán os vales o vindeiro luns no Concello, nun acto que terá lugar ás 13.00 horas e ao que asistirán o edil de Promoción Económica, representantes da Asociación de Comercio de Narón e o alcalde da localidade, José Manuel Blanco.

Esta campaña de comercio iniciouse a principios do mes de decembro e na mesma participaron algo máis dun cento de comercios da localidade. Neste tempo celebráronse diferentes actividades e sorteáronse dezasete carros de compra, catro cestas con produtos de Nadal e estes catro vales.

O acto do luns porá fin a esta campaña, deseñada un ano máis desde o Concello para fomentar as compras nos pequenos e medianos comercios do municipio.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies