REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 29 xuño 2016 | 14:39
A plataforma pola remunicipalización dos servizos de Ferrol celebra este mércores dous actos na cidade sobre o rescate da xestión pública da auga. O primeiro tivo lugar no Concello de Ferrol, coa participación do alcalde da cidade, Jorge Suárez, o xerente de AEOPAS, Luis Babiano, concelleiros de Narón e Mugardos, e membros da plataforma.
O alcalde aposta por «avanzar na posibilidade de remunicipalizar os servizos públicos», que «nunca deberían ser privatizados». Suárez sinala que o Concello está tratando de solventar a complexa relación con Urbaser no tema da auga «a través da comarcalización de servizos cun proxecto de xestión mancomunada do saneamento».
O pliego técnico desde proxecto, dixo o rexedor, vaise encargar á empresa municipal de augas de A Coruña porque «hai que confiar no público». Suárez advertiu que este é o camiño que hai que percorrer, «un camiño lento, firme, cheo de dificultades pero que vai no noso programa electoral», concluíu.
Pola súa banda, o xerente de AEOPAS, a Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento, afirmou que é posible recuperar esa xestión pública e puxo de exemplo o triunfo do Concello de Arteixo. Luis Babiano remarcou que este proceso non se pode limitar a unha cuestión ideolóxica e que debe abordarse «desde una perspectiva técnica y jurídica».
Para Babiano la verdadera lucha es centrar el debate en «si podemos tener un servicio de calidad, apropiado, a un precio justo y que cumpla todos los parámetros de salud y medio ambientales».
O segundo acto convocado pola plataforma, aberto a todo o público, será ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán.