FERROL360 | Xoves 15 agosto 2019 | 14:02 Todo a punto para celebrar unha nova edición do Festival Irmandiño de Moeche, que cumpre 40 anos de vida. A música está asegurada nesta XXXX edición do Festival Irmandiño coas actuacións de Sés, Huntza, Tecor Societario, Os Carecos e Saraibas, entre outros. Concertos que se complementará co asalto ao castelo, ademais de actividades para os peques da casa. A festa rachada comezará o venres, ás 23.00 horas, co grupo de música tradicional A Requinta da Laxeira. Ás 00.30 horas haberá ademais unha repichoca popular. Xa o sábado, o Festival arrancará pola mañá, ás 10.00 horas, coa apertura do castelo e a exposición. Ás 14.00 horas comenzará a sesión vermú e pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o asalto infantil ao castelo ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: 40 Festival Irmandiño Moeche