MARTA CORRAL | Ferrol | 29 agosto 2015 | 14:43 É doado ver a Álvaro Montes polos corredores do concello de aquí para alá. As áreas que dirixe dende a toma de posesión o pasado xuño son, quizais, das que requiren máis contacto co resto das concellerías. Participación, Novas Tecnoloxías e Normalización Lingüística, viviron até fai pouco, na opinión do edil de Ferrol en Común, relegadas a un segundo plano. É case a hora de xantar cando mantivemos esta conversa diante dunha 1906 e máis unha auga fría, para falar do galego en Ferrol. Do longo camiño que, semella, queda aínda por percorrer para acadar, coma salienta Montes cos ollos acendidos, «o uso do galego na vida cotiá dos ferroláns e ferrolás». Cóntame que dende que chegou o novo Goberno ...
Leer más »