FERROL360 | Luns 5 maio 2014 | 19:49 A Viaxe é o título dun proxecto audiovisual levado a cabo por alumnado de distintos centros educativos da urbe naval. A temática sobre a que xira esta curtametraxe, gravada coa colaboración da produtora SocialDocs, é a violencia de xénero. A cinta quere facer reflexionar, especialmente dende a sociedade educativa, sobre a consecución de relacións igualitarias entre homes e mulleres. Narra a historia de dous adolescentes que comezan unha relación amorosa. Ao pouco, o seu círculo de amigos comeza a preocuparse do excesivo control que o mozo realiza sobre a rapaza e as cousas irán a peor cando esta decide solicitar unha praza nun curso internacional. A estrea de A Viaxe terá lugar este mércores ás 16:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero, ...
Leer más »