FERROL360 | Mércores 22 xullo 2015 | 9:38 O Concello de Narón ten preparadas dúas actividades de cara a esta fin de semana. Unha está vencellada á solidariedade, cun concerto benéfico, e a outra á natureza e á conservación do río Sor e as praias do municipio. A primeira terá lugar este venres e a segunda este sábado. A Igrexa Sta. Mª de Mogor – O Barqueiro acollerá este venres un concerto benéfico, de góspel africano, a cargo do grupo Aba Taano a favor do proxecto Música para salvar vidas en Uganda. Este programa axuda aos pequenos orfos de Uganda a crecer e aprender a través da música e da danza. Esta actividade é de balde, pero podedes facer un donativo para contribuír a soster este proxecto. A cita comezará ...
Leer más »Noite de góspel con fins solidarios a cargo do grupo Aba Taano o venres en Cedeira
FERROL360 | Mércores 4 marzo 2015 | 15:24 O sexteto vocal a capella Aba Taano cantará en zulú, swahili, luganda, runyancore e tamén interpretará góspel tradicional en inglés e pop. Cantan e bailan ao mesmo tempo nun espectáculo único, cheo de ritmo e alegría. Este verán participaron nos World Choir Games celebrados en Riga e obtiveron a medalla de ouro dentro da categoría de Música Espiritual e de Fe. Ademais, gañaron o premio outorgado polos directores artísticos pola súa versión da canción oficial dos Xogos. Así mesmo, axudan cos seus cantos a financiar o proxecto humanitario de Música Para Salvar Vidas, cuxa labor é axudar a nenos e nenas orfas procedentes de Uganda a labrar o seu futuro por medio da música e a danza, desenvolvendo, deste xeito, a súa ...
Leer más »