Home / Archivo de Etiquetas: Actividades infantís en Narón

Archivo de Etiquetas: Actividades infantís en Narón

O Mago Antón estará este venres en Narón con ‘A volta a Galicia en 313 concellos’

FERROL360 | Xoeves 21 xuño 2018 | 9:21 O Padroado da Cultura de Narón programou para este venres unha nova sesión do espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos, protagonizado polo Mago Antón. A cita terá lugar na rúa Francisco Pizarro, na Solaina. Haberá catro funcións, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas e as entradas dispoñibles poden recollerse, de balde, en varios establecementos do barrio da Solaina. O aforo está limitado a setenta persoas por función, ao ser esa a capacidade do magomóbil no que se desenvolven as mesmas, dirixidas a todo tipo de públicos. Os asistentes terán a oportunidade de desfrutar dun divertido espectáculo no que os xogos de maxia sorprenderán a nenos e maiores. O Mago Antón buscará a implicación de todas as persoas que se ...

Leer más »

Derradeiro día para apuntarse no programa ConciliaEscola Verán de Narón

FERROL360 | Luns 15 maio 2017 | 10:36 Derradeira chamada aos peques de Narón, de 4 a 12 anos, interesados en participar no programa ConciliaEscola Verán. Este martes remata o prazo para inscribirse nesta actividade, que se desenvolverá en cinco quendas nas instalacións do CRA de Domirón, entre o 26 de xuño e o 31 de xullo. Anotarse é moi doado, só hai que cubrir esta instancia e presentala no Rexistro Municipal, en horario de 8:30 a 13:30 horas, de luns a venres. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1113 e 1115). As inscricións realizaranse nunha das quendas dispoñibles: do 26 ao 30 de xuño; do 3 ao 7 de xullo; do 10 ao 14 de xullo; do 17 ao 21 de ...

Leer más »

As actividades do programa DeporNadal 2016 de Narón reúnen a preto dun centenar de rapaces

FERROL360 | Xoves 29 decembro 2016 | 12:41 Un total de 98 rapaces empadroados en Narón, de entre 6 e 12 anos, inscribíronse nalgunha das actividades do programa DeporNadal, impulsado desde o Padroado de Deportes de Narón. O edil de Deportes, Román Romero, valorou o éxito desta proposta «pensada para que os menores poidan gozar da práctica de varios deportes durante o seu período de vacacións de Nadal». As sesións desenvólvense en diferentes instalacións localizadas no termo municipal e rematarán o vindeiro 4 de xaneiro, programándose dúas modalidades deportivas por día, dunha hora e media de duración cada unha delas. Así, esta semana hai clases de remo, natación, judo, balonmán, voleibol e baloncesto. A vindeira semana haberá xadrez, sesións de golf no Club de Golf Campomar e clases de Pádel. ...

Leer más »

O Parque fluvial de Freixeiro acolle este domingo a III Festa Infantil Cidade de Narón

FERROL360 | Xoves 1 setembro 2016 | 14:58 A terceira edición da Festa Infantil Cidade de Narón terá lugar este domingo no Parque fluvial de Freixeiro. Os nenos poderán gozar dunha gran variedade de actividades de balde organizadas polo Concello e a empresa La Guagua. O evento desenvolverase en horario de 12:00 a 14:00 e desde as 16:00 ata as 20:00 horas. A concelleira de Festas, Mar Gómez, animou aos veciños a sumarse a esta convocatoria lúdica e cun apartado didáctico a través de varios obradoiros pensados para o público infantil e nos que tamén poderán implicarse as persoas maiores. Ao longo da mañá e da tarde haberá unha serie de actividades e atraccións permanentes, como inchables –dous deles serán acuáticos e dous secos, cun específico para menores de tres ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies