Home / Archivo de Etiquetas: Actividades para nenos en Narón

Archivo de Etiquetas: Actividades para nenos en Narón

O prazo de inscrición para a Ludoteca municipal da Solaina continúa aberto

FERROL360 | Mércores 2 novembro 2016 | 10:33 A Ludoteca municipal da Solaina mantén aberto o prazo de inscrición para os nenos de 2 a12 anos, ofrecendo actividades de balde deseñadas en función das idades dos participantes. Ademais das actividades temáticas que se desenvolven ao longo do ano, e para as que é preciso preinscribirse, a Ludoteca conta tamén cun servizo de préstamo domiciliario de material de lectura. As instalacións municipais, que teñen como principal función conciliar a vida familiar e laboral, ademais de impulsar actividades de carácter cognitivo, sensorial e intelectual, dispoñen dunha capacidade para 40 persoas. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anima á veciñanza a facer uso deste centro e salienta que «permite implicar ás familias das nenas e dos nenos nunha gran variedade de actividades, de ...

Leer más »

Aberto o prazo de inscrición na actividade ‘Contos do Brasil’, que terá lugar o 1 de agosto en Narón

FERROL360 | Martes 26 xullo 2016 | 10:07 Este martes ábrese o prazo de inscrición na actividade ‘Contos do Brasil’, que terá lugar na Biblioteca municipal de Narón o vindeiro 1 de agosto. A iniciativa, que se desenvolverá de 12:00 ás 13:00 horas, diríxese a nenos e nenas a partir de catro anos e convócase con motivo da celebración dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. Caxoto Contacontos, un proxecto iniciado por Felipe Díaz no ano 2012, ofrecerá aos asistentes esta sesión na que os contos, a música en directo e o mar cobrarán especial protagonismo. A actividade trasladará aos participantes á selva amazónica, onde se atoparán con xoguetes, cantigas e contos propios das culturas brasileira e portuguesa, con moitos aspectos en común coas raíces de Galicia. A edil de ...

Leer más »

Narón celebrará a I Festa do Xogo no Parque de Freixeiro este sábado

FERROL360 | Xoves 23 xuño 2016 | 8:52 Os peques de Narón e as súas familias teñen unha cita este sábado no Parque de Freixeiro para festexar a I Festa do Xogo, organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. Entre as 17:00 e as 20:00 horas desenvolverase un completo programa de actos lúdicos e didácticos para pasar unha tarde moi entretida. Así, haberá talleres de chapas, de enredos con materiais da natureza e de papiroaeronáutica -cometas e avións de papel-; xogos xigantes e tradicionais –chave, pano, brilé, pillas, tiro de corda- e outros de tipo musical, cos que se fomentará a música tradicional galega. A xornada completarase con exhibicións de xogos de maiores e espectáculos circenses como bicicletas de pequeño tamaño; monociclos, equilibrios –cable, rulo- e malabares –diábolo, ...

Leer más »

Narón organiza un obradoiro de construción de xoguetes con material de refugallo

FERROL360 | Mércores 8 xuño 2016 | 12:58 Aprender a facer xoguetes, dun xeito divertido e económico, utilizando materiais de refugallo é o obxectivo do novo obradoiro convocado pola Concellería de Educación de Narón. Esta actividade, de balde, diríxese aos peques de 4 a 8 anos e o prazo de inscrición para anotarse xa está aberto no Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Para anotarse hai que chamar ao número de teléfono 981 337 700 -ext.1516- ou escribir ao enderezo electrónico: a.pita@naron.es. Deberán facilitar o nome e idade do neno que participará na actividade, así como o nome e apelidos da súa nai ou do seu pai, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto. En total, ofértanse cincuenta prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies