Home / Archivo de Etiquetas: Actividades para nenos

Archivo de Etiquetas: Actividades para nenos

Fene abre este xoves o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar e laboral «Verán máis alá»

Una niña jugando en una actividad extraescolar a la espera de que la recoja su familia (foto:cedida)

FERROL360 | Domingo 9 xuño 2019 | 15:05 O Concello de Fene trae un ano máis o programa de conciliación da vida laboral e familiar «Verán máis alá», destinado para o alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria e nados entre os anos 2007 e 2015. Nesta ocasión serán 240 prazas dispoñibles en dúas quendas, 120 a primeira quincena de xullo e 120 a segunda. O prazo de inscrición comeza o vindeiro xoves 13 de xuño. Celebrarase do 1 ao 31 de xullo no CEIP de Centieiras en horario de 08:00 a 14:30 horas. As actividades comezarán co «Bo día» que permite a incorporación dos nenos e nenas en calquer momento entre ás 08:00 e ás 10:00 horas. A partir de entón arrancará «Máis Alá!» que rematará cunha hora de ...

Leer más »

Cedeira celebra a súa Patrona con once concertos, espectáculos para nenos e moita festa

FERROL360 | Luns 8 agosto 2016 | 11:39 Cedeira é unha festa desde o pasado venres, cando arrancou o programa de actos deseñado polo Concello para celebrar as festas da Patrona da vila. A homenaxe a Paco de Lola, os concertos de Discalzos polo Festival, o Carnaval de Verán e o Festival de Bandas de Música serviron para dar o distoletazo de saída a doce días de festa por todo o alto. Pero a celebración só acaba de comezar, e cedeireses e visitantes teñen por diante unha chea de actividades para pasalo en grande nos vindeiros días. Así, a semana comeza centrada nos peques da casa con múltiples xogos para eles desde este luns e ata o xovos. Todos estes días, na praza Roxa a partires das 10:00 horas, haberá ...

Leer más »

Fene abre este mércores o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar e laboral «Verán máis alá»

Campamento de verán

FERROL360 | Martes 7 xuño 2016 | 12:39 Un ano máis volve o programa de conciliación da vida laboral e familiar «Verán máis alá», que promove o Concello de Fene para o alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria -nados entre os anos 2004 e 2012-. Celebrarase do 1 ao 29 de xullo no CEIP de Centieiras en horario de 8:00 a 14:30 horas. Os veciños de Fene interesados na inscrición poderán formalizala os días 8 e 9 de xuño no departamento de Cultura e Deportes. Se hai prazas vacantes poderán participar nenos doutros concellos e poderán inscribirse o 10 de xuño. Os horarios de presentación da solicitude son de 8:00 a 19:00 horas o luns, e de 8:00 a 14:30 horas o martes, mércores e xoves. As prazas concederanse ...

Leer más »

Este mes de marzo os peques da casa teñen unha cita cos «Sábados Miúdos»

REBECA COLLADO | Ferrol | Martes 1 marzo 2016 | 18:40 Actividades didácticas, de balde, en galego e divertidas. Os «Sábados Miúdos» son a perfecta combinación de lecer, aprendizaxe e conciliación da vida familiar e laboral. Unha cita á que os peques da casa non poden faltar e que terá lugar todos os sábados de marzo no museo da Sociedade Galega de Historia Natural, de 11:30 a 12:30 horas. A iniciativa, que non ten límite de prazas, está dirixida a nenos de 3 a 12 anos. Polo Correo do Vento serán os encargados de impartir estes contacontos nos que se falará das historias de mulleres científicas galegas, dous delas ferrolás. Así, a oceanógrafa Ángeles Alvariño, a astrónoma Antonia Ferrín e a veterinaria Rebeca Atencia protagonizarán as tres primeiras sesión. As ...

Leer más »

Participación organiza obradoiros para nenos en Caranza durante o Entroido

Entroido

FERROL360 | Venres 5 febreiro 2016 | 18:58 A Concellería de Participación Cidadá de Ferrol oferta 40 prazas para que nenos de 3 a 12 anos de idade participen en diferentes obradoiros durante este Entroido. As actividades son de balde e terán lugar no Centro Cívico de Caranza os días 8 e 9 de febreiro, en horario de 11:00 a 13:00 horas. As actividades divídense en función das idades dos peques, así haberá dous grupos un para nenos de 7 a 12 anos e outro para pequerrechos de 3 a 6. O ratio de monitor por alumno será de un monitor cada 7,5 alumnos no caso dos meniños, e un monitor por cada 6,25 alumnos no caso dos maiores. Para máis cativos haberá catro actividades. Unha estará relacionada coa natureza, ...

Leer más »

Fene cubre todas as prazas para o obradoiro infantil de cociña entroideira

FERROL360 | Mércores 3 febreiro 2016 | 17:59 Trinta peques participarán o vindeiro luns no obradoiro de Cociña Entroideira, que se celebrará nas instalacións do CCRD de Perlío a partir das 18:00 horas. A actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene, está dirixida a nenos e nenas escolarizados en educación primaria e terá unha duración de dúas horas. Os participantes neste obradoiro traballarán aspectos coeducativos e aprenderán a facer tres receitas de Cociña Entroideira cos materiais que lles proporcionarán as monitores.

Leer más »

Nenos e adultos pásano moi ben no concerto de Pitusa Semifusa porque é moi participativo, di a súa autora

REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 23 decembro 2015 | 9:34 O concerto de Pitusa Semifusa deste domingo no teatro Jofre é case un éxito sen ter aínda acontecido. Nunhas horas esgotáronse as entradas para a actuación, motivo polo cal a Concellería de Participación e Normalización Lingüística de Ferrol decidiu ampliar cun segundo pase esta función para que ningún peque se que sen coñecer a Pitusa. A Concellería pon a disposición dos veciños 556 novas entradas de balde, que se poden recoller na billeteira do teatro para o pase das 17:00 horas. Os interesados poden retirar as invitacións ese mércores de 17:00 a 19:00 horas, este xoves de 11:00 a 13:00, o sábado de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00, e por último, o domingo de 11:00 a ...

Leer más »

Narón celebra este domingo a II Festa Infantil

FERROL360 | Domingo 6 setembro 2015 | 11:56 O parque fluvial do Río Freixeiro acolle este domingo a II Festa Infantil Cidade de Narón para despedir o verán por todo o alto. O Concello naronés organiza esta cita composta por un variado programa de actividades que se desenvolverán en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Entre as actividades de animación destacan a Festa da Auga –será ás 18.30 horas-, a Busca do Tesouro –a partir das 12.00-, a Festa de Superheroes –ás 13.00- e a Festa da Espuma –desde as 19.00-. As Babycancións, ás que poden asistir nenos e nenas a partir dun ano, comezarán ás 16.30 horas. No parque fluvial do Río Freixeiro estarán dispoñibles tobogáns acuáticos, unha táboa de surf mecánica, camas ...

Leer más »

Campus deportivos nos meses de verán en Fene para ter entretidos aos peques

FERROL360 | Venres 5 xuño 2015 | 15:43 O Concello de Fene organiza diferentes campus deportivos nos meses de verán dirixidos ós pequenos da casa. Así, reeditarase o Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” e haberá un Campamento Lúdico Deportivo e o Campus de Ximnasia Artística e Trampolín. O prazo de inscrición abrirase o 23 de xuño no departamento de Cultura e Deportes. O II Campus Feminino de Fútbol Sala está destinado a nenas e rapazas de entre 5 e 18 anos. Celebrarase entre o 13 e o 24 de xullo, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas e no pavillón polideportivo da Xunqueira. O número de prazas está limitado a 30. A cuota de participación é de 28,20 euros e o prazo de ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies