REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 11 abril 2014 | 16:37 Esquerda Unida de Ferrolterra organiza unha homenaxe á Segunda República con diferentes actos conmemorativos que terán lugar esta fin de semana e o luns día 14 de abril, día da República. Os actos servirán como «reivindicación dunha loita» e teñen un obxectivo claro, «a consecución da Terceira República», afirmou Suso Basterrechea, coordinador comarcal de EU-IU. Basterrechea asegurou que «entendemos que é o momento» de camiñar cara a unha Terceira República porque a Monarquía «forma parte dunha estrutura que ven avasallando aos traballadores». Nesa mesma liña expresouse André Abeledo, militante de EU-IU: «Entendemos que este réxime democrático non é aquela República de liberdade». Os actos arrancarán este sábado coa proxección dun documental no local de EU-IU ás 19:00 horas. Máis ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Actos conmemorativos da 2ª República