FERROL360 | Martes 7 marzo 2017 | 20:56 Este mércores 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora cunha morea de actos espallados polas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Haberá homenaxes a grandes mulleres da zona, un roteiro sufraxista, paros en centros de traballo, exposicións e maratón de lectura, entre outros. O Concello de Ferrol conmemora esta data baixo o lema «Un camiño percorrido, moito por percorrer» e cunha programación que contempla diferentes actividades ao longo de varias semanas. O acto central terá lugar este mércores, ás 20:00 horas, no Teatro Jofre coa entrega do premio Ferrolá do Ano á produtora local Chelo Loureiro. O mesmo día, as 12:00 horas, a concelleira de Muller Saínza Ruiz participará na plantación de flores na pérgola do recordo no parque ...
Leer más »Narón celebrará o Día Internacional das Mulleres con xornadas, obradoiros e homenaxes
FERROL360 | Mércores 24 febreiro 2016 | 10:08 Homenaxe á Muller do Ano, solta do goblos, cea da Muller e actividades sobre saúde en feminino, componen o programa de actos que o Concello de Narón ten organizado para celebrar o Día Internacional das Mulleres. Así, o 8 de marzo terá lugar a tradicional homenaxe á Muller do Ano 2016, a partir das 12:00 horas no Concello. «É un acto sorpresa, no que a homenaxeada descoñece que vai obter este nomeamento. Intentamos que nesta iniciativa se vexan tamén reflectidas todas aquelas mulleres que merecerían un recoñecemento deste tipo», explicou Teresa Saibo, concelleira de Igualdade. Ese mesmo día, ás 17.00 horas, terá lugar unha solta de globos en prol da Igualdade na Praza de Galicia. Cada globo levará unha mensaxe relativa a ...
Leer más »