Home / Archivo de Etiquetas: Admirando a condición

Archivo de Etiquetas: Admirando a condición

Sés, cantante: «Sempre hai unha música para tranquilizarte, para curarte, para levantarte»

ARY LÓPEZ | Ferrol | Sábado 12 abril 2014 | 12:43 Leva o inconformismo na lingua e a etiqueta de autenticidade no peto. É «hipersociable», moi faladora. Oponse aos prexuízos e nega os estereotipos. Non é fada nen princesa. É amante das verdades, malia que provoquen sangue. Sés é defensora da igualdade e practicante do insomnio ocasional. Camiña cos pés no chán e a testa ben alta. Constrúe verbas de flor e ás veces extrae o son da dor. A súa repercusión hoxe en día é importante. María Xosé Silvar non coñece o descanso, xa que non para de xirar o seu segundo traballo discográfico, Co xenio destrozado, que autoproduciu aínda non hai un ano. En todo este tempo continúa enchendo locais. En directo, atrapa e non solta, tecendo unha ...

Leer más »

O teatro Jofre recibe este venres a visita da cantante Sés

FERROL360 | Martes 8 abril 2014 | 18:22 Sés é sinómino de autenticidade, de loita e de verdade. María Xosé Silvar é unha cantante e guitarrista galega dunha grande riqueza sonora. Cantareira dende nena, domina tanto o blues coma o rock, o swing e mesmo a música tradicional latinoamericana. Debutou en solitario no ano 2011 con Admirando a condición e dous anos máis tarde publicou un segundo traballo baixo o título de Co xenio destrozado. Pisa forte cunhas letras poderosas que pelexan por facerse un lugar neste mundo. Os seus directos énchense de vida e este venres o teatro Jofre de Ferrol terá ocasión de comprobalo dende as nove e media da noite. Alí estará acompañada dos músicos Tito Calviño -guitarra-, Marcos Pazo -batería- e Fran Sanz -baixo-, cos que ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies