MARTA CORRAL | Luns 26 agosto 2013 | 12:00 Aínda que a váscula comezara a dar sinais de alarma no que vai de verán, onte non puidemos facer máis ca rendernos aos encantos do requeixo. A pesares do orballo incesante e a néboa, milleiros de persoas peregrinaron ata A Capela para celebrar o cuarto de século desta Festa do Requeixo. Vendéronse máis de 6.000 racións, ao prezo popular de 1,70 euros por tarrina de 250 gramos con azucre ou mel de Goente, ao gusto. Houbo colas dende a mañá; pero a boa disposición da organización fixo que todo fora rápido. Organizada e promovida polo Concello de A Capela e a cooperativa Campo Capela, o pregón estivo a cargo de José Manuel Corral, ex concelleiro de Cultura, que deu comezo á ...
Leer más »Viaxando no tempo en A Capela
MARTA CORRAL | A Capela | Luns 19 agosto 2013 | 12:45 De cando en vez, cómpre sacar un boleto de ida e volta na máquina do tempo. Deste xeito, será doado imaxinar como vivían os nosos ancestros ou adiviñar como vai ser o mundo no século XXV. Estes últimos anos, a nosa viaxe máis recurrente é cara a Idade Media. Cada verán, e agora tamén no inverno, un feixe de persoaxes medievais -moitos deles de dudosa procedencia-, toman as rúas das nosas vilas cos seus traxes de cores, os seus productos, a súa música e os seus manxares. Captando a nosa atención, como os xitanos de Macondo; pero ao revés. Ben, eu vos propoño que hoxe, vaiamos todos un pouco máis preto. Quedemos nos anos corenta, na época dos ...
Leer más »Recreación de oficios tradicionais, roteiros e mercado de artesanía; mañá en A Capela
MARTA CORRAL | Sábado 17 agosto 2013 | 9:30 Mañá domingo, terá lugar a segunda edición de ETNOeume, a feira etnográfica da comarca do Eume, en O Pazo (A Capela). Este evento cumple dous anos, con tres obxectivos moi concretos: divulgar o Museo Etnográfico da Capela; exaltar as tradicións e a cultura popular e tamén dar a coñecer os productos da comarca do Eume a nivel agroalimentario e artesán. Dende as 11:00 ate as 20:00 horas, todas aquelas persoas que se acheguen ata O Pazo, terán moito onde escoller. Durante todo o día, haberá feira, mercado de artesanía e antigüidades, exposicións e visitas guiadas ao Museo, ademáis de roteiros ecoetnográficos. A todo o anterior, hai que sumarlle pasarrúas, música e, un dos principais reclamos de ETNOeume: a recreación de oficios ...
Leer más »