REBECA COLLADO | Narón | Domingo 17 setembro 2017 | 20:03 Tras 34 anos como concelleiro, dos cales os oito últimos foron como alcalde, José Manuel Blanco di adeus ao Concello de Narón. Afronta a derradeira semana como rexedor da localidade coa tranquilidade de quen ten os deberes feitos e afronta unha nova etapa con ilusión e ganas, sen mirar demasiado aquelo que deixa atrás. «Despois da política hai vida», afirma, e aínda que continuará como membro de Terra Galega será un militante máis. O seu tempo agora será sobre todo para a súa familia, para viaxar, ler e para seguir na rúa, en Narón, polos seus barrios charlando cos seus veciños. FERROL360 – O sábado 23 de setembro será o teu derradeiro pleno no Concello de Narón. Como vives ...
Leer más »