Home / Archivo de Etiquetas: ANDAINA

Archivo de Etiquetas: ANDAINA

Tres xornadas de festa para conmemorar o Día de Narón

REBECA COLLADO | Narón | Xoves 12 novembro 2015 | 16:00 O Concello de Narón celebrará por todo o alto o seu día grande. A Gala do Deporte, unha andaina, feira de produtos ecolóxicos e artesáns, exposicións, música, obradoiros para nenos e un magosto compoñen o programa de actos organizado para conmemorar o 23 de novembro, Día de Narón. O pistoletazo de saída á festa será o venres 20 de novembro coa celebración da XXVII Gala do Deporte. Un acto que terá lugar no Pazo da Cultura, ás 21:00 horas, no que entregaranse os premios ós mellores deportistas de Narón. O edil de Deportes, Román Romero mostrouse convencido de que «será un éxito e encheremos o Pazo». Para a fin de semana do 21 e 22 de novembro hai programada ...

Leer más »

O Club de Montaña organiza unha andaina polo LIC Río Castro

FERROL360 | Luns 12 outubro 2015 | 17:35 O Club de Montaña organiza para o domingo 18 de outubro unha andaina polo Lugar de Interese Comunitario, LIC, Río Castro. A dificultade da ruta é baixa e son un total de 12 quilómetros aproximadamente. A organización partirá de O Batán, en Naraío, ás 09.30 e ten previsto chegar de volta contra as 13.30 horas. Esta actividade é de balde para os socios e para as persoas que non sexan socias do Club terá un custe de 3 euros. Os interesados en participar deben inscribirse no Club de Montaña.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies