Home / Archivo de Etiquetas: Ángel Gavín

Archivo de Etiquetas: Ángel Gavín

Falece Ángel Gavín, exalcalde de San Sadurniño

FERROL360 | Xoves 6 novembro 2014 | 19:25 Ángel Gavín Porrás faleceu na tarde deste mércores aos 93 anos de idade. O que fora alcalde de San Sadurniño recibirá sepultura no cemiterio parroquial do municipio na tarde deste xoves. Desde o Concello queren transmitirlle á familia o máis sentido pésame polo pasamento dun home que dedicou parte da súa vida ao servizo público e que, ademais, era moi coñecido no municipio. Ángel Gavín era natural do concello lugués de Riotorto. Porén, a maior parte da vida pasouna en San Sadurniño, onde chegaría a ser alcalde entre os anos 1964 e 1971 e onde abriría un negocio hostaleiro que hoxe rexentan dous dos seus catro fillos. Desvinculado da vida pública desde hai anos, era habitual velo en case todos os eventos ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies