ARY LÓPEZ | Mércores 9 outubro 2013 | 16:52 Noites na Capela, o ciclo promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, aposta este xoves pola canción comprometida. Chega ao Torrente Ballester a sensibilidade, a maxia das palabras feitas música soando na boca de Silvia Penide. A súas letras son solidarias, cheas de forza, valor e sentimento, e visita Ferrol con novo traballo discográfico titulado Animal de compañía. Un disco ao que a artista admite ter que «coidar porque é a miña responsabilidade, e porque me dá tantas satisfaccións». De aí que sexa a súa mascota máis prezada; unha obra que recolle o seu lado máis persoal e atrevido. A cantante coruñesa leva máis dunha década de carreira musical, e este último disco, o seu quinto álbum, representa a ...
Leer más »