Home / Archivo de Etiquetas: ANPA CEIP San Sadurniño

Archivo de Etiquetas: ANPA CEIP San Sadurniño

Derradeiro día para anotarse no curso de competencias dixitais ofimáticas de Amtega

FERROL360 | Martes 14 xuño 2016 | 10:22 Este martes finaliza o prazo para anotarse no curso de teleformación convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -Amtega- para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Ofértanse 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial, que terá lugar a finais do mes de novembro. Os interesados poden obter máis información na web da Amtega e tamén na Aula CeMIT de San Sadurniño no teléfono 616.016.793 ou no correo: cemit.sansadurnino@xunta.es. Para poder acceder ao curso é imprescindible ter máis de 16 anos, estar de alta como persoas usuarias da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que ...

Leer más »

Sandford Music Factory presenta un adianto do seu novo álbum Natural Behavior

FERROL360 | Luns 12 xaneiros 2015 | 11:00 Aló polo mes de setembro falamos cos rapaces de Sandford Music Factory do proxecto que tiñan en marcha na plataforma de crowfunding Verkami para financiar a edición do seu terceiro álbum. A iniciativa foi todo un éxito e mesmo rebasaron os 3.150 euros fixados, acadando 4.060 euros. Pouco despois, Miguel Anxo, Lou, Fernán Varela e Xurxo metíanse no estudo para crear Natural Behavior. Agora podemos desfrutar dun pequeno adianto cun clip de 39 segundos do tema que lle da nome ao disco. Ao fin desde vídeo anúnciase a publicación do álbum completo en breve, polo que estaremos moi atentos.

Leer más »

San Sadurniño e a ANPA do municipio subscriben un convenio por importe de 4.000 euros

FERROL360 | Luns 24 marzo 2014 | 19:51 O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a presidenta da ANPA do colexio público, Ana Belén Monteagudo, asinaron este luns o convenio anual de colaboración por un importe de 4.000 euros. Esta axuda será destinada tanto a gastos de funcionamento como á organización de actividades culturais e deportivas. O documento recolle o compromiso da ANPA de organizar, como mínimo, a festa do Entroido, actividades polas Letras Galegas e cadrando cos magostos. Ademais, grazas a este convenio a ANPA subvencionará a actividade de psicomotricidade de maneira que os alumnos que participen nela só teñan que pagar un máximo de 5 euros. Por outra banda, a entidade colaborará economicamente coas excursións escolares achegando 300 euros para as de Infantil e Primaria e outros ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies