Home / Archivo de Etiquetas: Anxo Lorenzo Band

Archivo de Etiquetas: Anxo Lorenzo Band

Ortigueira despide ás máis de 50.000 persoas que visitaron o seu festival

ARY LÓPEZ | Ortigueira | Domingo 20 xullo 2014 | 17:35 A 30ª edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira estivo marcada pola inestabilidade meteorolóxica. Os chuvasqueiros foron a última moda nesta cita que, malia todo, conseguiu acoller un desfile de máis de 50.000 persoas durante catro días. O sábado, dende as 22:00 horas, a chuvia olvidouse por unhas horas da vila ortegana e a atractiva programación congregou na explanada da Alameda a uns 20.000 visitantes que quixeron facer desta unha edición inesquecible. Bellón Maceiras Quinteto inaugurou as actuacións da noite ofrecendo o seu combinado de folk e músicas do mundo, un repertorio que os de Ferrolterra teñen materializado nun primeiro álbum titulado Folkfusión. Sobre as táboas recibiron a visita da pequena María López. Esta zanfonista de tan ...

Leer más »

Ortigueira afina os instrumentos que soarán no 30º Festival do Mundo Celta

ARY LÓPEZ | Mércores 16 xullo 2014 | 17:00 A falta de vinte e catro horas para que comece oficialmente a trixésima edición do Festival Internacional do Mundo Celta, Ortigueira abre as súas portas para recibir aos milleiros de visitantes que agardan unha cita coa música folk. Ao longo dos últimos días, á capital ortegana foron chegando os primeiros asistentes que instalan os seus fogares ambulantes na praia de Morouzos para poder gozar dunhas xornadas de festa onde a expresividade artística se amosa sen complexos, expandíndose de norte a sur e de este a oeste chegando a cativar a tódolos públicos. O programa arranca mañá xoves. Dende a praza de Isabel II terá lugar ás 20:00 horas a inauguración musical a cargo da Escola de gaitas de Ortigueira, a Dominic ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies