Home / Archivo de Etiquetas: Apalpador

Archivo de Etiquetas: Apalpador

A Fundaçom Artábria entrega os premios do seu sexto concurso de debuxo ‘Conhecendo o Apalpador’

FERROL360 | Domingo 31 decembro 2017 | 12:19 A Fundaçom Artábria entregou este venres os galardóns ás mellores creacións no concurso de debuxo Conhecendo o Apalpador, que cada ano gaña máis seareiros entre os cativos e cativas dos centros de ensino. Unha iniciativa que pretende espallar a figura do mítico carboeiro no canto doutros costumes chegados de fóra de Galicia dende a infancia. Así, estes foron os debuxos gañadores na categoría de 3 a 5 anos: Falhou o júri do VI Concurso Conhecendo ao Apalpador. Eis as e os premiados da categoria de 3-5 anos: 1.- Deva Soto Lopes (3 anos) @SementeTR pic.twitter.com/yfi54mtS56 — Fundaçom Artábria (@FArtabria) 26 decembro 2017 2.- Martina Franco Cabanas (3 anos) CEIP de Pazos pic.twitter.com/JpXiAReCgu — Fundaçom Artábria (@FArtabria) 26 decembro 2017 3.- Erik Charlín ...

Leer más »

O Apalpador percorrerá as rúas de Ferrol o vindeiro 23 de decembro

FERROL360 | Xoves 14 decembro 2017 | 11:24 O vindeiro sábado 23 de decembro terá lugar a Ruada do Apalpador polos barrios de Esteiro e A Madalena, a partires das 16.30 horas. A Concellería de Cultura e Festas apoia por segundo ano consecutivo esta iniciativa da Fundaçom Artábria para dar a coñecer a mítica figura do vello carboeiro do Courel. Unha das tradicións propias do Nadal galego. «O Concello ten a obriga de traballar tamén pola recuperación antropolóxica e cultural das nosas raíces onde ten cabida a figura do Apalpador», salientou o concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea, na presentación da actividade. Para promover o seu coñecemento entre os peques, editáronse 5.000 postais para que os nenos remitan os seus desexos de Nadal ao Apalpador. Ademais da Ruada, o ...

Leer más »

A Fundaçom Artábria convoca o VI Concurso Escolar ‘Conhecendo o Apalpador’

FERROL360 | Domingo 10 decembro 2017 | 13:45 A Fundaçom Artábria pon en marcha un ano máis o concurso escolar Conhecendo o Apalpador co que a entidade busca promover o coñecemento da figura do xigante carboeiro do Courel entre os máis pequenos. O Apalpador é a figura mítica dun carboeiro que, tal e como indica a tradición, nas zonas do leste de Galicia baixa das montañas a noite do 24 ou do 31 de decembro para apalpar o ventre dos nenos e comprobar se comeron ben durante todo o ano e así deixarles un montón de castañas, algún agasallo e bos desexos para o ano que entra. No VI Concurso Escolar Conhecendo o Apalpador poderán participar todos os nenos desde os 3 aos 12 anos, divididos en tres categorías: de ...

Leer más »

Ruada do Apalpador por Ferrol o vindeiro 23 de decembro

REBECA COLLADO | Ferrol | Sábado 17 decembro 2016 | 14:08 Apuntade no calendario que o vindeiro 23 de decembro chegará o Apalpador a Ferrol. Este ano o xigante carboeiro percorrerá os barrios de Esteiro e A Magdalena desde as 12:00 horas, para achegar esta tradición galega a máis xente. Precisamente, Bruno Lopes da Fundaçom Artábria explicou que o cambio de hora da ruada ten como obxectivo «que o Apalpador chegue a máis nenos». Lopes e o concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrechea, foron os encargados de presentar esta iniciativa e máis a quinta edición do concurso de debuxo escolar. o representante de Artábria explicou que unha veintena de persoas acompañarán ao Apalpador no seu percorrido pola cidade e que nestes días xa está a visitar os centros educativos ...

Leer más »

El Apalpador recorrerá los colegios de Fene esta semana

FERROL360 | Lunes 12 diciembre 2016 | 9:57 El carbonero de O Courel viaja esta semana a los colegios de Fene para palpar las barrigas de los pequeños y desearles un año venturoso, dejándoles un puñado de castañas y algún regalo, como inicio de la programación navideña del Concello. Anxo Moure encarnará al mítico personaje de la cultura gallega, acompañado de su caballo de madera, Caramulo. Difundirá entre los escolares mensajes de preservación del medio ambiente, del patrimonio inmaterial, la solidaridad o los hábitos de vida saludable. Este lunes visita el CPI A Xunqueira a las 10:30 horas, a las 12:00 horas el colegio Centieiras y a las 13:00 horas la Jorge Juan. El martes le toca el turno a CEI de Sillobre a las 10:30 horas, al CEIP Os ...

Leer más »

Obradoiro de cantos de Nadal e Apalpador en San Sadurniño

FERROL360 | Domingo 27 decembro 2015 | 12:57 A Asociación de Veciños O Castelo organiza en Naraío un obradoiro de Cantos de Nadal este domingo coa participación das escolas de música tradicional, onde as persoas asistentes terán que preparar no momento varias panxoliñas co seu apoio instrumental. A actividade comeza ás 18:00 horas coa práctica dos clásicos do Nadal galego Vinde galeguiños vinde, Con un sombreiro de palla, O Pendello e outros. Quen teña un instrumento pode levalo, entendendo por instrumentos a gaita, a pandeireta, o bombo, o tambor… pero tamén a botella de anís ou a lata do pementón. A asociación repartirá as letras de todas as panxoliñas para que a xente poida cantalas. Ás 19:30 horas tamén pasará por Naraío o Apalpador -seguramente na súa ruta de volta ...

Leer más »

O Apalpador visita ós escolares de Fene

FERROL360 | Venres 11 decembro 2015 | 18:45 O vello Apalpador, tamén chamado nalgunhas zonas Apalpabarrigas ou Pandegueiro, é unha figura lendaria galega que achega agasallos aos nenos durante o Nadal. Amósase coma un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barrigas dos pequenos. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba pero deixáballes tamén as castañas. En vísperas do comezo do Nadal, a Concellería de Cultura e Ensino de Fene promove un percorrido do Apalpador polos centros escolares do municipio. A actividade, que comezou esta semana en Centieiras e A Xunqueira, continuará nos próximos días nos colexios Os Casais (14 de decembro), Ceip Sillobre (15 de decembro), Jorge Juan (16 de decembro) e Ceip O Ramo (17 de ...

Leer más »

O Apalpador visita ós pequenos de San Sadurniño

FERROL360 | Sábado 20 decembro 2014 | 14:03 Os pequerrechos de San Sadurniño xa teñan os deberes feitos e saiban que van pedir este Nadal, poden contarllo de primeira man ao Apalpador. E é que este este sábado visita o local social da Veiga, en Naraío, para pasar un rato cos cativos e escoitar os seus desexos para este Nadal. Será ás 20:00 horas. Ademais, a asociación de veciños organiza o Nadal na Lareira e a iso das 18:30 horas actuará o pallaso e malabarista Peter Punk. Despois da chegada do Apalpador servirase chocolate con bica. O Apalpador xa estivo este venres na Casa da Cultura de San Sadurniño, onde os nenos gozaron de xogos e obradoiros de manualidades durante boa parte da tarde.

Leer más »

Cine, teatro e m?sica compo?en a programaci?n de Nadal en San Sadurni

FERROL360 | S?bado 14 decembro 2013 | 15:54 A axenda de ocio en San Sadurni?o para as festas do Nadal v?n cargadi?a de propostas culturais de interese para t?dolos p?blicos. A primeira das citas ter? lugar este domingo na Casa da Cultura, que acoller? unha comedia da compa??a Teatro Calavera. ?O reino dos fantoches? ? o t?tulo dunha obra que conta as peripecias que obrigar?n a un rei e unha princesa a salvagardar o tesouro real. A entrada para o espect?culo, que comezar? ?s 19:30 horas, ? de balde. Sen movernos de sitio, o vindeiro venres d?a 20, entre as cinco e as oito da tarde, os pequenos da casa poder?n gozar da tradicional festa de Nadal, que incl?e xogos, un obradoiro de circo e a visita especial da Apalpadora, ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies