FERROL360 | Martes 14 abril 2015 | 13:50 A explanada existente detrás da Igrexa parroquial de Piñeiros acollerá un novo aparcadoiro con 50 prazas de estacionamento para turismos. O Concello de Narón acondicionou este espazo público para que os veciños teñan máis facilidades á hora de aparcar os seus vehículos. Este novo aparcadoiro entrará en servizo este mércores día 15 de abril e ven a dar resposta á demanda dos veciños desta parroquia, que presentaron por Rexistro máis dun centenar de sinaturas pedindo este espazo. Desde o Concello explican que ata o de agora, a parcela víñase empregando tan só nas datas de celebración das festas parroquiais de Piñeiros. Estas novas prazas súmanse ás xa existentes no aparcadoiro da Rúa Pedregal (detrás das instalacións de Autos Paco). Publicidad
Leer más »