Home / Archivo de Etiquetas: Asociación Cultural Musical ‘Sementeira’ de Narón

Archivo de Etiquetas: Asociación Cultural Musical ‘Sementeira’ de Narón

Últimos días para inscribirse no obradoiro musical de verán ‘Sementeira’ de Narón

ARY LÓPEZ | Mércores 2 xullo 2014 | 17:30 A Asociación Cultural Musical ‘Sementeira’ de Narón organiza a cuarta edición do obradoiro musical de verán para nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. Actividades como a construción de instrumentos e decorados, o ensino e a práctica vocal, a expresión corporal ou o contacto coa linguaxe musical son algunhas das tarefas que, da man dun grupo de músicos educadores, manterán ocupados a aqueles que asistan a estas xornadas. Os propios monitores sinalan que a finalidade deste obradoiro é ofrecer una actividade lúdico-educativa na que os máis pequenos se acheguen á música de maneira activa e dar a coñecer o labor que desenvolve a asociación ao longo de todo o curso. Desexan que os nenos e nenas participantes gocen desta ...

Leer más »

A ACM Sementeira recibirá 42.000 euros do Concello de Narón para o ensino musical

FERROL360 | Xoves 10 abril 2014 | 14:18 A Asociación Cultural Musical ‘Sementeira’ de Narón e o Padroado de Cultura municipal asinan un convenio de colaboración por un importe de 42.000 euros para que a entidade continúe ofrecendo clases de solfexo e instrumento. O alcalde, José Manuel Blanco, reuniuse este xoves co presidente deste organismo cultural, Manolo Rodríguez, para pechar un acordo que lles permitirá desenvolver durante o corrente ano as súas actividades. Ademais, o Concello naronés cederá en usufruto os distintos instrumentos para o ensino dos alumnos e alumnas, que a ACM Sementeira deberá manter en bo estado de conservación. A cambio, a entidade continuará ofertando clases semanais de linguaxe musical, ademais de manter a actividade nas bandas infantil e XBN -Xove Banda de Narón-.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies