Home / Archivo de Etiquetas: Asociación Cultural Musical Sementeira

Archivo de Etiquetas: Asociación Cultural Musical Sementeira

Narón abre o prazo de matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura

FERROL360 | Domingo 9 septiembre 2018 | 12:50 A partires do vindeiro luns 10 de setembro é posible realizar a matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura e na Escola de Música Moderna do Concello de Narón. Ademais da oferta das escolas tradicionais, de bailes de salón, artísticas e de formación de actoral súmase a oferta da Escola de Música Moderna a cargo da Asociación Cultural Musical Sementeira. As Escolas de Danza tradicional, Gaita, Acordeón, Percusión, Canto e Pandeireta, Zanfona, Construción de instrumentos, O Recuncho dos pequechos, Debuxo e os Obradoiros de Teatro (infantil, xuvenil e adulto) teñen un custo de 63,10 euros por curso. Para a modalidade de Bailes de Salón a matrícula ten un prezo de 31,60 euros e a cota mensual é de 15 euros. Na ...

Leer más »

Este luns ábrese o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura

FERROL360 | Luns 12 setembro 2016 | 00:33 O Padroado da Cultura de Narón abrirá este luns o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais para o curso 2016-2017. Os interesados poderán elixir entre as oito Escolas Culturais de corte tradicional do Padroado, en función da idade dos rapaces, as catro Escolas Artísticas ou as impulsadas en colaboración coa Asociación Cultural Musical Sementeira. A concelleira de Cultura e vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, destacou o éxito das Escolas Culturais Municipais, unha realidade constatada, recordou, «polo feito de que preto de 1.300 persoas, non só de Narón, senón tamén doutros concellos da comarca, se matriculasen no curso 2015-2016 nas diferentes propostas ofertadas desde o Padroado da Cultura». En canto ás Escolas tradicionais, poderase elixir entre as de: Danza tradicional ou Canto ...

Leer más »

O Padroado da Cultura de Narón destina 50.000 euros á Asociación Sementeira para impartir clases de solfexo e de instrumento

FERROL360 | Mércores 20 abril 2016 | 10:56 O presidente do Padroado da Cultura de Narón, José Manuel Blanco, e o seu homólogo na Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón, Manuel Rodríguez, asinaron este martes un convenio de colaboración para impartir clases de solfexo e de instrumento no municipio. A aportación económica acada os 50.000 euros, 5.000 euros máis ca no anterior. Ademais desta achega á entidade cultural, o Padroado cederá novos instrumentos, que deberán conservarse en bo estado. Pola súa parte, Sementeira comprométese a impartir clases de solfexo e de instrumentos de vento e percusión de primeiro a quinto nivel; a manter a actividade das bandas de música –A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira– e a realizar dez concertos anuais no municipio. O convenio expira o ...

Leer más »

O Concello de Narón abre a matrícula para as Escolas Culturais Municipais de Narón

FERROL360 | Sábado 12 setembro 2015 | 14:00 O vindeiro luns abrirase o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais do Concello de Narón. As persoas interesadas en asistir ás clases que se ofertan, entre as que este ano, tal e como anunciou a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, se inclúen como novidade as aulas de Acordeón –cuxas clases impartirá o mestre Jorge Vázquez-, poden formalizar a matrícula nas oficinas do Pazo da Cultura de Narón ata o vindeiro 3 de outubro. A oferta das Escolas tradicionais inclúe cursos de Danza tradicional –a partir de 5 anos-; Gaita –desde os 6 anos-; Percusión tradicional –a partir de 6 anos-; Canto e pandeireta –desde os 5 anos-; Zanfona –a partir de 8 anos-; Construción de Instrumentos –maiores de 16 anos-; Acordeón ...

Leer más »

Narón celebra este sábado o XI Encontro de Bandas de Música

FERROL360 | Venres 9 maio 2014 | 18:57 O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado o tradicional Encontro de Bandas de Música, no que soarán pezas do folclore galego, pasodobres, obras clásicas e algunha banda sonora. Na undécima edición deste evento, que organiza a Asociación Cultural Musical Sementeira, participarán as agrupacións musicais de Vilalba, Salcedo e a Xove Banda de Narón. Esta última, a anfitrioa do acto, pechará o certame co seu repertorio, dirixido baixo a batuta de Francisco San Ramón. O seu programa incluirá as obras Rosal de plata, Firestorm e a Tom Sawyer suite. Pero antes, os músicos vilalbeses interpretarán Flores de España, The blue and the gray, Feiticeira e Corcubión. A continuación, os de Salcedo farán soar La gracia de Dios, Francesca da Rimini, Fantasía ...

Leer más »

O Padroado da Cultura do Concello de Narón abre o prazo para inscribirse nas escolas culturais

FERROL360 | Luns 16 setembro 2013 | 18:05 Dende este luns e ata o vindeiro 5 de outubro, -ámbolos dous inclusive- é posible realizar as matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura do Concello de Narón. As actividades para este novo curso 2013/2014 son as seguintes: –Tradicionais: danza, gaita, percusión, canto e pandeireta, zanfona, construción de instrumentos e o recuncho dos pequechos de entre 3 e 4 anos de idade. –Artísticas: teatro e debuxo a partires dos 4 e 6 anos respectivamente. Todas estas disciplinas teñen un custo de 62 euros por curso completo. –Escola de actores e actrices e escola de danza contemporánea: para mozos maiores de 14 anos e 1º Nivel, cuxos prezos van dende os 62 a os 205 euros/curso. –Baile de salón para maiores de ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies