Home / Archivo de Etiquetas: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Archivo de Etiquetas: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Blanco recolleu en Pontevedra o Premio AELG «Institucións 2014»

FERROL360 | Luns 5 maio 2014 | 19:59 O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recolleu o pasado sábado en Pontevedra o Premio AELG «Institucións 2014», outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Con este premio recoñécese a calidade da programación anual de teatro de Narón, deseñada polo Padroado da Cultura do Concello. O director do Padroado, Luciano Fernández, acompañou ó alcalde a recoller o galardón, entregado no transcurso da Gala das Letras celebrada no Teatro Principal de Pontevedra. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destacou nesta gala a aquelas entidades que contribuíron á divulgación da lingua e cultura galegas a través do apoio ó teatro galego, que por extensión significa o respaldo á normalización da cultura e a lingua galega.

Leer más »

Narón recibe un premio da AELG pola súa programación anual de teatro

FERROL360 | Venres 2 maio 2014 | 13:19 O teatro en Narón é un sinal de identidade. A súa aposta por esta arte tradúcese nun empeño por estruturar unha programación teatral semanal estable. Ademais, dende hai trece anos, implícase na organización dunha Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil e na posta en funcionamento da Escola de Formación de Actores e Actrices municipal. A labor desenvolvida en prol do teatro por parte do Padroado de Cultura do Concello de Narón durante os últimos anos será recoñecida a través do galardón que outorga a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), para o apartado ‘Institucións Culturais 2014’. O premio será entregado este sábado na quinta edición da Gala das Letras, que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra. Ao acto acudirán ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies