FERROL360 | Venres 26 agosto 2016 | 11:10 Postos de alimentación ecolóxica, paseos en kaiac, exhibicións de cetraría e obradoiros de cociña, son algúns dos atractivos da VIII edición da Feira Rural de San Sadurniño, que se celebrará este sábado ao pé do Xubia. Un evento que mistura a filosofía das feiras tradicionais coa promoción de experiencias que apostan pola sustentabilidade. O principal protagonista da Feira Rural volverá ser o mercado cun total de 130 postos de produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man, distribuídos polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña. A novidade deste edición é a participación de 22 postos de explotacións certificadas polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, que ofrecerán degustacións dos seus produtos durante toda a ...
Leer más »San Sadurniño renova a colaboración coa apicultura e coa recuperación da froita autóctona
FERROL360 | Martes 12 abril 2016 | 20:33 A delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura e a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume suscribiron un convenio de colaboración co Concello para impulsar estas dúas actividades no municipio. A sinatura supón a renovación dos acordos que se manteñen desde hai varios anos, aínda que neste 2016 varíanse nos dous casos as condicións. Así, a AGA-Ferrolterra ve incrementada a parte económica ata os 1.500 euros mentres que a achega da AGFA queda fixada en 500. O titular de Desenvolvemento local, Manolo Varela, rubricou os convenios xunto con Ramiro Martínez por parte da asociación froiteira e Rafael Díaz en representación da entidade apícola. Os acordos buscan a recuperación das variedades autóctonas de froita que existen na comarca e a preservación ...
Leer más »San Sadurniño e a ANPA do municipio subscriben un convenio por importe de 4.000 euros
FERROL360 | Luns 24 marzo 2014 | 19:51 O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a presidenta da ANPA do colexio público, Ana Belén Monteagudo, asinaron este luns o convenio anual de colaboración por un importe de 4.000 euros. Esta axuda será destinada tanto a gastos de funcionamento como á organización de actividades culturais e deportivas. O documento recolle o compromiso da ANPA de organizar, como mínimo, a festa do Entroido, actividades polas Letras Galegas e cadrando cos magostos. Ademais, grazas a este convenio a ANPA subvencionará a actividade de psicomotricidade de maneira que os alumnos que participen nela só teñan que pagar un máximo de 5 euros. Por outra banda, a entidade colaborará economicamente coas excursións escolares achegando 300 euros para as de Infantil e Primaria e outros ...
Leer más »