Home / Archivo de Etiquetas: autoprotección

Archivo de Etiquetas: autoprotección

Cariño acollerá unha xornada lúdico-educativa e de autoprotección para mulleres

FERROL360 | Luns 17 marzo 2014 | 18:46 O prazo para inscribirse ao programa Desconexión, que terá lugar este sábado en Cariño, está a piques de rematar. Ata este martes poderán anotarse aquelas mulleres que desexen gozar dunha xornada en feminino construtiva e amena onde aprenderán a enriquecer a fortaleza individual e a propia autoestima. A actividade, levada a cabo entre a Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico) en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello de Cariño, abordará as claves para acadar unha sociedade máis igualitaria entre homes e mulleres. Vaise desenvolver na Casa da Cultura dende as dez da mañá ata o mediodía e haberá a opción de facer unha comida conxunta para continuar coa sesión ata as seis da tarde. Esta iniciativa, que percorre ...

Leer más »

San Sadurniño abre o prazo para inscribirse na II Xornada de Autoprotección ante a Violencia de Xénero

FERROL360 | Martes 12 novembro 2013 | 19:59 O vindeiro 25 de novembro terá lugar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Para non pasar por alto esta data significativa, a área de Educación e Igualdade do Concello de San Sadurniño ten preparadas diferentes actividades para desenvolver o sábado día 23. Por un lado, haberá un obradoiro de autoprotección ante a violencia de xénero co que se pretende ensinarlle ás mulleres participantes a xestionar positivamente situacións de risco. Docentes especializados en psicoloxía e en defensa persoal amosarán distintas técnicas para axudar a manter controlada unha situación perigosa ou como facer para defenderse e poder pedir axuda inmediatamente. Despois da sesión, haberá unha xuntanza de grupo para xantar e compartir experiencias. Será o segundo encontro deste tipo que ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies