Home / Archivo de Etiquetas: axudas escolares

Archivo de Etiquetas: axudas escolares

Aberto o prazo para solicitar as axudas escolares en Pontedeume

FERROL360 | Luns 4 xaneiro 2016 | 17:18 O Boletín Oficial da Provincia publicou a aprobación definitiva da ordenanza das bases de concesión de axudas ás familias para a adquisición de material escolar para o curso escolar 2015-2016. Unha ordenanza aprobada no pasado mes de outubro e que busca acurtar os prazos de pago aos beneficiarios. O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, advirte que a antiga ordenanza non se axustaba á lei, posto que non contemplaba a obriga de xustificar as axudas mediante facturas. As bolsas están destinadas á adquisición de material escolar do alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria e de Educación Secundaria, empadroado no Concello de Pontedeume Os técnicos de Servizos Sociais revisarán as solicitudes antes da súa presentación e deberán ir acompañadas pola documentación correspondente. O ...

Leer más »

Pontedeume traballa nunha nova ordenanza de axudas escolares

FERROL360 | Xoves 17 setembro 2015 | 19:24 O Concello de Pontedeume traballa nunha nova ordenanza de axudas escolares que acurte os prazos de pago aos beneficiarios e que cumpra a lei. E é que segundo o alcalde, Bernardo Fernández, a ordenanza que está en vigor e que aprobou o anterior goberno «é ilegal» posto que non contempla a obrigación de xustificar as axudas mediante facturas aos beneficiarios. «Denunciámolo no pleno durante a pasada lexislatura pero non se cambiou», indicou o rexedor. Respecto ao atraso do pago desta subvención neste exercicio, Fernández sinala que foi provocado pola ausencia do tesoureiro durante o pasado mes, «pero xa se debían pagar antes do verán». Por outra banda, o alcalde lembra que ao longo do verán fixéronse varios requirimentos de documentación a beneficiarios ...

Leer más »

Aberto o prazo para solicitar as axudas escolares por fillos menores de tres anos

FERROL360 | Martes 15 setembro 2015 | 10:24 A Xunta de Galicia vén de abrir de novo o prazo para presentar as solicitudes da prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos de idade, é dicir, nacidos entre o 2 de xaneiro de 2012 e o 1 de xaneiro de 2015. Este prazo é só para as familias que non presentaron a súa solicitude no prazo anterior, nos meses de febreiro e marzo. Ahora teñen ata o 7 de outubro para presentar este impreso. Os requisitos son os seguintes: os proxenitores deben ter a súa residencia habitual en Galicia, na data da solicitude os nenos deben convivir coa persoa solicitante. Por último, que durante o ano 2013 nin as persoas solicitantes, nin ningunha das persoas que compoñen ...

Leer más »

Cedeira aproba a convocatoria das axudas para familias con fillos cursando a ESO

FERROL360 | Luns 18 maio 2015 | 19:26 O Concello de Cedeira aprobou e remitiu ao Boletín Oficial da Provincia as bases que regulan a concesión das axudas escolares para familias con fillos que estén a cursar estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Unhas axudas que xa recibiron neste curso aquelas familias con fillos en Educación Primaria e que agora o Concello vén de ampliar. As bases e o modelo de solicitude poden consultarse aquí e o prazo abrirase unha vez se publiquen no BOP. O Concello reserva a este fin 10.000 euros e as axudas municipais complementarán as achegas autonómicas vixentes. Con elas, poderanse cubrir necesidades educativas como adquisición de material didáctico complementario ou financiar actividades extraescolares, pero tamén afrontar o pago de ortodoncias dentais, gafas, plantillas ou calzado especial ...

Leer más »

O BNG de Ares presenta no pleno unha moción para confeccionar axudas escolares

FERROL360 | Martes 1 outubro 2013 | 19:33 O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ares levou a pleno unha proposta na que demanda que o consistorio se postule a favor dun sistema regulado de bolsas escolares para estudantes do municipio. Os nacionalistas lamentan que Ares sexa un dos poucos concellos que non dispoña deste tipo de achegas que, segundo o portavoz municipal do grupo «deberían ser unha prioridade para facer unha política social». Ademais, quéixanse de que co fin de organizar un campionato de dominó, se aprobara unha partida de 1.800 euros. Critican que nestes momentos, moitas familias «teñen serios problemas» para a adquisición de libros, pago de comedores ou, no caso de cativos que cursan estudos fóra do ámbito municipal, facer fronte ao gasto do transporte escolar. ...

Leer más »