FERROL360 | Venres 3 marzo 2017 | 18:28 A sección infantil e a bebeteca da Biblioteca municipal de Narón contarán a partir deste sábado cun espazo máis amplo. Trala inauguración, que terá lugar este sábado ás 12.00 horas, haberá unha xornada de portas abertas para coñecer a nova sala e na que se poderá escoitar a música dos integrantes da Agrupación Cultural Musical Sementeira, de Narón. A sección infantil comezará a prestar servizo o vindeiro luns en horario de de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados desde as 10.00 ata as 13.00 horas. Os usuarios más pequenos contarán a partir de agora cun espazo propio «onde poder gozar con todos os materiais cos que conta a Biblioteca adaptados ás súas idades», indicou a ...
Leer más »Aberto o prazo de inscrición na actividade ‘Contos do Brasil’, que terá lugar o 1 de agosto en Narón
FERROL360 | Martes 26 xullo 2016 | 10:07 Este martes ábrese o prazo de inscrición na actividade ‘Contos do Brasil’, que terá lugar na Biblioteca municipal de Narón o vindeiro 1 de agosto. A iniciativa, que se desenvolverá de 12:00 ás 13:00 horas, diríxese a nenos e nenas a partir de catro anos e convócase con motivo da celebración dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. Caxoto Contacontos, un proxecto iniciado por Felipe Díaz no ano 2012, ofrecerá aos asistentes esta sesión na que os contos, a música en directo e o mar cobrarán especial protagonismo. A actividade trasladará aos participantes á selva amazónica, onde se atoparán con xoguetes, cantigas e contos propios das culturas brasileira e portuguesa, con moitos aspectos en común coas raíces de Galicia. A edil de ...
Leer más »Darío Rodríguez é o socio número 16.000 da Biblioteca municipal de Narón
FERROL360 | Mércores 24 febreiro 2016 | 18:49 Con só 20 mesiños, Darío Rodríguez xa recibiu o seu carné como socio da Biblioteca municipal de Narón. Un número ben redondo para este pequerrecho, que é o socio 16.000. A semana pasada a nai de Darío, Cecilia Trancón, solicitou o carné para o neno. Case unha tradición na familia xa que tamén o ten a súa irmá, Icía, de 5 anos, a súa nai, o seu pai, e o seu avó José Trancón. Darío. A entrega do carné a Darío enmarcouse dentro dos actos programados polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía. Unha data que a administración local celebra desde o pasado ano e céntrase «no recoñecemento e difusión das obras da autora que simboliza o rexurdimento da nosa lingua ...
Leer más »