Home / Archivo de Etiquetas: Biblioteca Municipal de Neda

Archivo de Etiquetas: Biblioteca Municipal de Neda

As bibliotecas de Neda e Ferrol celebran novas sesións de fomento á lectura

FERROL360 | Martes 10 marzo 2015 | 13:34 A biblioteca municipal de Neda acolle este mércores unha nova sesión do programa infantil Lesme un conto?, que se celebrará a partir das 18:00 horas. Esta actividade de fomento á lectura consiste en que as familias acudan á Casa da Cultura do municipio para compartir lecturas cos máis pequenos da casa. A actividade non necesita inscrición previa, é gratuíta e repítese mércores alternos. Segundo a concelleira de Igualdade e Cultura, Eva Olmo, a sesión de mañá estará centrada na conmemoración do Día Internacional da Muller, polo que os participantes nesta sesión lerán textos nos que a muller sexa a protagonista ou ben a autora. Pola súa parte, o Concello de Ferrol tamén retoma a súa sesión de lectura quincenal que leva como ...

Leer más »

A Biblioteca de Neda aumentará a súa oferta de libros grazas a unha achega da Xunta

FERROL360 | Mércores 11 febreiro 2015 | 14:44 Novidades, moita novela, libro en galego e exemplares para o público infantil e xuvenil marcarán as pautas dos libros que mercará o Concello de Neda grazas a unha achega da Xunta de Galicia. Esta axuda, valorada en 1.660 euros, ten como fin a adquisición de novos libros. Exemplares que aumentarán a oferta da Biblioteca Municipal de Neda, un dos referentes culturais da comarca e un dos primeiros centros de lectura municipais. As futuras adquisicións basearanse nos gustos e peticións trasladados polos propios usuarios da biblioteca a través da iniciativa «Libros á carta», que promove o centro dende hai uns anos para coñecer as súas preferencias. Publicidad

Leer más »

Neda retoma este mércores os programas de fomento da lectura

FERROL360 | Martes 14 outubro 2014 | 11:18 A Biblioteca Municipal de Neda retoma este mércores os programas de fomento da lectura «Lesme un conto?» e o Clube de Lectura para maiores de 14 anos. Para o primeiro non é preciso inscripción previa, mentres que para o segundo hai que incribirse na Casa da Cultura. Ambos os dous son gratuítos. «Lesme un conto?» está dirixido ás familias, de xeito que os pequenos irán acompañados dos seus pais ou avós e len e escoitan diferentes narracións baixo a dirección da animadora sociocultural. As sesións celebraranse en mércores alternos a partires das 18:00 horas. O Clube de Lectura para adultos comeza ás 19:00 horas e as reunións serán mensuais. Nelas establécese un debate e análise en torno ao libro seleccionado.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies