Home / Archivo de Etiquetas: BNG de Ares

Archivo de Etiquetas: BNG de Ares

O BNG de Ares censura o rexeitamento de incluír unha moción pola vía de urxencia sobre as obras da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Sábado 30 xullo 2016 | 15:06 A moción presentada polo BNG de Ares por vía de urxencia para solicitar á Deputación Provincial que se inclúa a partida para acometer as obras da segunda fase da estrada de Ares- Chanteiro foi rexeitada polos grupos de PSOE, NAL e SON. Unha actitude que o portavoz municipal do BNG, Emilio Mesías, calificou de falta de consideración e respecto á veciñanza de Cervás-Chanteiro. Mesías non entende o rexeitamento a esta moción e conclúe que os grupos «non consideran de urxencia a obra». Ante esta situación, o voceiro do Bloque indica que trasladará unha petición directamente á Deputación para que «a segunda fase figure nos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano, co obxectivo de facer realidade as aspiracións veciñais». Así as cousas, ...

Leer más »

O novo centro de saúde de Ares a debate este xoves no Parlamento Galego

FERROL360 | Mércores 15 abril 2015 | 16:05 O BNG presentou no mes de febreiro unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que pedía a concreción de datas e investimentos para a execución do novo centro de saúde de Ares por parte da Xunta de Galicia. A proposta debetirase este xoves na comisión de Sanidade a partires das 10:30 horas. Os nacionalistas lembran que os veciños de Ares levan desde o ano 2007 agardando a execución deste proxecto e que naquel ano xa se puxeron a disposición da Xunta os terreos necesarios para levalo a cabo. Asimesmo, desde o BNG critican que o alcalde da localidade e representantes da Xunta anunciaron o comezo das obras no primeiro trimestre do 2014, pero aínda non arrancaron. Os nacionalistas entenden este proxecto coma ...

Leer más »

O BNG de Ares inicia unha nova rolda de asembleas polas parroquias

FERROL360 | Martes 16 decembro 2014 | 18:29 O BNG de Ares organiza outra rolda de asembleas abertas polas parroquias do concello co obxectivo de prantexar un debate sobre a situación real de Ares «escoitando as propostas da xente e explicando dun xeito pormenorizado o noso traballo e as nosas alternativas», segundo indican desde o Bloque. Así, tratarán a situación económica do Concello, a política de contratación laboral ou a parálise do equipo de goberno en canto á tramitación do PXOM. Tamén falarán «do incumprimento da Deputación na execución da estrada Ares-Chanteiro, a negativa da Xunta á construcción do novo centro de saúde e á ampliación do CPI», entre outras cuestións. O calendario é o seguinte: mércores 17 ás 20:00 horas na Agrupación Instrutiva de Caamouco, sábado 20 ás 12:00 ...

Leer más »

O BNG de Ares presenta alegacións contra a aprobación da taxa de saneamento

FERROL360 | Martes 9 decembro 2014 | 12:24 O BNG de Ares non está de acordo coa aprobación dunha nova ordenanza fiscal para a prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo da EDAR do municipio. Así, os nacionalistas presentan unha alegación contra o acordo adoptado polos grupos PSOE, PP e NAL para levala a cabo. Segundo explican desde o Bloque, «este acordo suporá para as persoas que non teñen acometida de auga de uso doméstico un pago de 80,08 euros/ano, para o uso comercial 189,20 e para uso industrial 580,80». Por último, indican os nacionalistas, as persoas que teñen acometida da rede municipal de auga paragarán por consumo. O BNG considera que a taxa «non se aplica co ánimo de compensar os gastos derivados dos bombeos da rede ...

Leer más »

El BNG de Ares califica de «chapuceira» la ordenanda fiscal de la tasa de saneamiento

FERROL360 | Sábado 1 noviembre 2014 | 19:18 El Concello de Ares aprobaba este jueves en la sesión plenaria del mes de octubre la Ordenanza Fiscal reguladora de la tasa por la prestación del servicio de colectores y estaciones de bombeo de las aguas residuales vertidas a la red de saneamiento municipal en alta de la zona norte de la ría de Ares y sur de la ría de Ferrol. Según los nacionalistas aresanos, la ordenanza fue presentada al pleno «pola vía de urxencia para non levar o preceptivo ditáme previo da Comisión de Facenda» y finalmente fue aprobada con los votos de PSOE, PP y NAL, mientras que el BNG votó en contra al considerar que «non está adaptada á realidade e características económicas do Concello de Ares». Para ...

Leer más »

O BNG de Ares denuncia a paralización e hermetismo en torno ao PXOM

FERROL360 | Venres 17 outubro 2014 | 17:37 Os nacionalistas de Ares critican que o goberno local decretou silenzo informativo sobre o PXOM. E é que segundo explica o voceiro da formación, Emilio Mesías, hai máis de catro meses que rematou o prazo para a presentación de alegacións ao documento e non se está proporcionando información nin aos veciños nin á corporación municipal. Mesías advirte que da paralización do proceso de contestación ás alegacións, e polo tanto da tramitación para a aprobación definitiva do PXOM, «se derivan prexuízos para as persoas que presentaran alegacións, privadas de información oficial sobre o que vai pasar coas mesmas». Así as cousas, desde o BNG indican que se está a perxudicar ao conxunto da cidadanía de Ares e non só aos que presentaron alegacións, ...

Leer más »

O BNG de Ares pide ó Concello que solvente o agravio na instalación das acometidas de auga en Cervás

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 13:09 O BNG de Ares denuncia unha situación de agravio comparativo «na execución das obras de abastecemento a Cervás e, nomeadamente, nas acometidas da rede xeral ás vivendas». Explican os nacionalistas que na primeira fase destas obras os veciños tiveron que pagar o enganche ás vivendas, mentres que na segunda fase do proxecto «si se inclúen as conexións ás vivendas particulares». Ante esta situación, o grupo municipal do BNG solicita ao goberno local que «adopte as medidas correspondentes para que se resolvan os agravios que se están a producir». Dende o grupo propoñen que o Concello devolva «as cantidades que inxustamente se lle cobraran aos usuarios» na primeira fase das obras. Tamén piden que se abra un novo proceso para que aqueles veciños ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies