Home / Archivo de Etiquetas: BNG NARÓN (página 2)

Archivo de Etiquetas: BNG NARÓN

Blanco confía en pechar goberno en Narón esta semana coa inclusión do BNG

REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 24 xuño 2015 | 16:30 Esta semana haberá unha nova xuntanza entre Terra Galega e BNG de Narón para tratar de chegar a un acordo de goberno que inclúa aos nacionalistas. O alcalde do municipio, José Manuel Blanco, asegura que «non existen problemas insalvables, existen problemas de organización» que son os que dilatan os tempos. En todo caso, Blanco confía en que «a remates de esta semana se pecharán os acordos a tres bandas co PSOE, BNG e TEGA» e así reeditar o tripartito. Deste xeito, o luns ou martes da vindeira semana poderíase asinar o acordo de goberno entre as tres formacións. Preguntado se Pablo Villamar estará ao fronte de Promoción Económica e Teresa Saibo Promoción Social e Igualdade, coma na pasada lexislatura, ...

Leer más »

TEGA convocará unha reunión para valorar a posibilidade de reeditar pactos postelectorais

FERROL360 | Luns 25 maio 2015 | 20:11 O equipo de Terra Galega Narón indica nun comunicado que reunirase previsiblemente esta mesma semana para valorar a posibilidade de reeditar pactos postelectorais debido aos «bos resultados do goberno de coalición dos últimos catro anos no municipio», segundo o cabeza de lista de TEGA, José Manuel Blanco. Cabe lembrar que TEGA gobernou no mandato que agora remata con PSOE, BNG e Converxencia Galega. En principio, a Blanco chegaríalle pactar cun dos dous primeiros, xa que tanto socialistas como nacionalistas acadaron dous concelleiros e TEGA dez. Mentres, Converxencia Galega non contará con representación no Concello xa que non foi quen de manter o concelleiro que tiña. TEGA tamén podería pactar con Esquerda Unida, Eliximos Narón Electores. Unha coalición co PP, como no mandato ...

Leer más »

Pablo Villamar, candidato BNG de Narón: «O noso enfoque é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Narón»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:55 Ben axiña lle chegou a Pablo Villamar Díaz a implicación política. Con 16 anos militaba no Bloque Nacionalista Popular Galego e desde o ano 1981 no Bloque Nacionalista Galego. Este navantiero, técnico de Organización en Navantia Ferrol, nado en 1961, entrou no Concello de Narón no ano 1999. Ademais, entre 2003 e 2011 foi deputado provincial e no mandato 2007-2011 exerceu de vicepresidente da Deputación da Coruña. FERROL360 – Un problema, unha solución: a cooperativa de Pedroso. Pablo Villamar –  A administración autonómica ten que auditar e vixilar, pois lle corresponde por lei, este tipo de iniciativas tan importantes para a economía galega como as cooperativas e nas que o BNG acredita. 360 – Que proxectos a desenvolver con outras administracións son ...

Leer más »

O BNG de Narón propón un debate público entre os candidatos á alcaldía

FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 16:42 Pablo Villamar, candidato á Alcaldía de Narón polo BNG-Asembleas Abertas, lanza o guante ás cabezas de lista para debatir publicamente e confrontar ideas e programas. Villamar préstase voluntario para organizar este actos. Nun comunicado, Villamar asegura que o BNG-Asembleas Abertas sempre é partidario da participación e a transparencia e considera que a mellor forma de demostralo é «compartir e contrastar publicamente non só os posicionamentos de cara aos vindeiros comicios, senón tamén o balance do mandato». Asimesmo, avanza que a diferenza do que xa están a deixar ver outros candidatos, empregará un ton construtivo e respectuoso durante toda a campaña. O nacionalistas engade que o BNG-Asembleas Abertas é «unha organización seria e responsabel que ten vocación de mudar as cousas e transformar ...

Leer más »

O BNG de Narón aproba a candidatura e o programa para as elección municipais de maio

FERROL360 | Venres 10 abril 2015 | 14:22 Nunha asemblea aberta celebrada na noite deste pasado xoves, o BNG de Narón aprobou por unanimidade a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio e tamén o seu programa. Unha candidatura renovada, xa que máis da metade das persoas que integran a lista non se presentaron na anterior convocatoria. Como xa se sabía, Pablo Villamar é o candidato á alcaldía e repite no posto número 2 a concelleira de Promoción Social, Muller e Igualdade, Teri Sabio. Síguenlles Eva Guerrero (administrativa), Montse Fraga (presidenta de Aspanemi), Sergio Pita (licenciado en Documentación), Manel Montero (adestrador de fútbol) e Lidia Romero (pedagoga). O resto da lista complétase con José Gómez, Olaia Ledo, José Ángel Rodríguez, Nicolás Manso, Elena Lorenzo, Alejandro Merlán, ...

Leer más »

Villamar asegura que na vindeira lexislatura o BNG se centrará no servizo ás persoas

REBECA COLLADO | Narón | Martes 31 marzo 2015 | 14:44 Reforzar os servizos sociais para botar unha man ás personas que están atravesando unha situación difícil, rematar o Plan Xeral de Ordenación Urbana, elaborar un plan de mobilidade, facilitar a implantación de pequenos e medianos negocios e revalorizar o Mosteiro do Couto son algunhas das propostas que se incluirán no programa electoral do BNG-Asembleas Abertas de Narón. O seu candidato á Alcaldía de Narón, Pablo Villamar, avanzou este martes algunhas das ideas que se recollen no programa e aproveitou tamén para facer balance do traballo que fixo o BNG nesta lexislatura ao fronte das áreas de Promoción Económica e Muller e Igualdade. Un balance marcado por dúas liñas: o mantemento dos servizos sociais e o saneamento das contas do ...

Leer más »

O BNG de Narón inicia unha campaña para apoiar ao comercio local

FERROL360 | Mércores 11 marzo 2015 | 18:10 Incentivar as compras no pequeno e mediano comercio e a hostalaría de Narón é o principal obxectivo da campaña a prol do comercio local que vai poñer en marcha o BNG. O candidato nacionalista, Pablo Villamar, ven de anunciar que nos vindeiros días realizarán un reparto de cartaces nos establecementos do municipio. Villamar subliñou a importancia que ten para a economía local a actividade comercial e hosteleira, «é un sector puxante dun concello con vitalidade» e por iso «temos a obriga de coidar» esta actividade económica. Neste senso, o candidato do BNG de Narón comprometeu o seu apoio a todas as iniciativas que se desenvolvan para revitalizar este sector. Un sector, dixo Villamar, que padece gravemente as consecuencias da crise e que ...

Leer más »

O BNG de Narón pon en marcha unha iniciativa para recoller ideas dos veciños de cara ás eleccións

FERROL360 | Martes 24 febreiro 2015 | 11:41 O programa do BNG-Asembleas Abertas de Narón contará coa opinión e propostas dos veciños do municipio. O grupo quere que a veciñanza lle faga chegar as deficiencias ou carencias que atopen na súa parroquia ou en Narón en xeral. Para atender a esas demandas e poder recollelas dentro do programa das eleccións locais do 24 de maio, o BNG pon en marcha na páxina de Facebook de Queremos Narón unha iniciativa para recoller todas esas ideas. Tamén está dispoñible un enderezo electrónico ao que se poden remitir as propostas: naron@bng-galiza.org. Se non tes Internet ou non te apañas ben coas novas tecnoloxías, pero queres participar, podes facelo chamando ao número de teléfono 607 082 232. Publicidad

Leer más »

Villamar cree que los cambios en las bases del Plan Ferrol son «inútiles»

FERROL360 | Lunes 16 febrero 2015 | 20:22 El portavoz del BNG en el Concello de Narón, Pablo Villamar, cree que los cambios que el Ministerio de Industria, Energía y Turismo, junto a los responsables del Plan Ferrol, pretenden introducir en las bases de la convocatoria de ayudas de reindustrialización para Ferrolterra son «inútiles». Duda que «supoñan mellora ningunha» con respecto a los últimos años, en los que, dice, se comprobó «o fracaso no enfoque do programa». Villamar señala que, actualmente, no sólo se mantienen los avales, sino que la supuesta reducción del tipo de interés a los proyectos beneficiados está condicionado a la inversión y no garantiza que el acceso al crédito se produzca en condiciones más ventajosas que las que ofrece la banca privada. «Non vai ser quen ...

Leer más »

Blanco se reunió con PP, PSOE y BNG para desbloquear el convenio del nuevo centro de salud

FERROL360 | Martes 3 enero 2015 | 19:59 José Manuel Blanco, alcalde naronés, se reunió ayer con concejales de los tres partidos que tienen representación en el Parlamento gallego: Hipólito Fariñas, del PP, Catalina García, del PSOE, y Pablo Villamar, del BNG. El objetivo del encuentro fue tratar de desbloquear la construcción del nuevo centro de salud, pendiente de que la Xunta presente el correspondiente convenio. Por ello, el regidor les trasladó la situación actual. «Dende a Alcaldía de Narón tense preguntado en numerosas ocasiones durante o último ano sobre este tema, sen ter obtido ata o de agora unha resposta en positivo», dicen desde el Concello naronés. El 12 de enero se envió a la Xunta la última carta al respecto, dirigida a la conselleira de Sanidad Rocío Mosquera, ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies