FERROL360 | Martes 24 febreiro 2015 | 19:45 O Concello de San Sadurniño destinará un total de 87.500 euros ao apoio das entidades do municipio e a bolsas escolares. O Boletín Oficial da Provincia publicou este martes a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de actividades culturais e deportivas durante este 2015. Trátase dunha liña de axudas á que poderán acollerse as asociacións e clubes do municipio, así como as comisións de festas. Ademais, o Concello de San Sadurniño tamén abrirá este mércores o prazo para solicitar as bolsas para estudos obrigatorios e postobrigatorios xunto coas referidas a colaborar coas familias nos custes da Escola Infantil Municipal. As entidades repartirán 23.500 euros, mentres que a bolsas se destinan 25.000, dos que 8.000 euros son para familias con nenos e nenas ...
Leer más »San Sadurniño e a ANPA do municipio subscriben un convenio por importe de 4.000 euros
FERROL360 | Luns 24 marzo 2014 | 19:51 O alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e a presidenta da ANPA do colexio público, Ana Belén Monteagudo, asinaron este luns o convenio anual de colaboración por un importe de 4.000 euros. Esta axuda será destinada tanto a gastos de funcionamento como á organización de actividades culturais e deportivas. O documento recolle o compromiso da ANPA de organizar, como mínimo, a festa do Entroido, actividades polas Letras Galegas e cadrando cos magostos. Ademais, grazas a este convenio a ANPA subvencionará a actividade de psicomotricidade de maneira que os alumnos que participen nela só teñan que pagar un máximo de 5 euros. Por outra banda, a entidade colaborará economicamente coas excursións escolares achegando 300 euros para as de Infantil e Primaria e outros ...
Leer más »