FERROL360 | Mércores 13 xaneiro 2016 | 11:45 Tes unha cámara GoPro e non sabes moi ben como utilizala? Apúntate ao obradoiro que terá lugar este sábado, ás 17:00 horas, na Casa da Xuventude de San Sadurniño para aprender a manexala e sacarlle o máximo partido. Os participantes coñecerán de preto o funcionamento destas videocámaras deportivas, que teñen grande difusión entre quen practica actividades ao aire libre. Aínda quedan prazas libres e para apuntarse só hai que chamar ao teléfono: 981.490.027 (ext. 1). O obradoiro é gratuíto. Na sesión abordarase a evolución da GoPro, desde os primeiros modelos ata algunhas das máis recentes. O xornalista e realizador César Galdo explicará as características técnicas destes modelos, a configuración máis axeitada para cada tipo de toma, o fluxo de traballo e tamén ...
Leer más »