Ferrol360 | Luns 31 xullo 2017 | 8:55 Vela lixeira, windsurf, piragüismo e paddel board son algunhas das actividades que se desenvolverán nos vindeiros días no lago de As Pontes. A proposta enmárcase na segunda edición do Campamento Náutico Lago de As Pontes. O campamento diríxise a nenos e nenas de entre 8 e 17 anos de idade e o obxectivo do mesmo é que poidan experimentar cos deportes naúticos nun entorno único, coma é o lago de As Pontes. A actividade terá lugar do 1 ao 8 de agosto e conta coa colaboración do Concello de As Pontes.
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Campamento Náutico Lago de As Pontes