Home / Archivo de Etiquetas: Capela Torrente Ballester

Archivo de Etiquetas: Capela Torrente Ballester

Noites na Capela inaugura setembro co concerto de César de Centi

FERROL360 | Mércores 4 setembro 2013 | 19:31 Despois dun mes de vacacións, a tenue luz da capela do Centro Cultural Torrente Ballester volve acenderse para celebrar un xoves máis o ciclo de concertos Noites na Capela. Esta vez, o responsable de encher con música o local ferrolán, é o cantautor coruñés César de Centi. Con máis dunha década de carreira musical, este artista comprometido leva recorrido moitos locais da nosa xeografía. Realizou numerosas colaboracións en concertos e discos de outros artistas, participou en festivais da canción de autor e a súa vena solidaria reflíctese no compromiso que adquire actuando en campañas e concertos para diferentes oenegués. Considérase un afortunado de ter compartido escenario con artistas como Gustavo Almeida, Marwan, Tontxu , ou o seu querido Carlos Chaouen. Actualmente prepara ...

Leer más »

O cantautor Miguel Castro actúa este xoves na capela do Centro Torrente Ballester

ARY LÓPEZ | Xoves 11 xullo 2013 | 10:17 Nova cita coa música dentro do circuito cultural Noites na Capela, que reúne neste edificio ferrolán a artistas de diversos estilos e procedencias. Miguel Castro visita o Torrente para presentar o seu primeiro traballo, producido por el mesmo e titulado ‘Dos toboganes’, e adiantará tamén algunhas das cancións do seu vindeiro disco, que levará por nome ‘Cosillas (los martes los tenedores no se caen)’. Os amantes de Bob Dylan, Glen Hansard ou Jorge Drexler poderán ver que Miguel Castro atopou neles certa inspiración artística. Ademais de traballar ritmos coma a bossanova, o swing, o country ou o folk, tamén emprega loops, que veñen sendo pequenas pezas grabadas nos seus concertos. Métese na pel de varias personaxes interpretando rexistros que van desde ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies