Home / Archivo de Etiquetas: Catalina García (página 2)

Archivo de Etiquetas: Catalina García

As carrozas da Cabalgata Solidaria de Narón levarán alimentos e produtos de hixiene para o Centro de Recursos

FERROL360 | Mércores 30 decembro 2015 | 13:39 O programa municipal Nadal Comunitario-Cabalgata Solidaria 2015 continúa desenvolvéndose estes días nas diferentes parroquias de Narón para que os veciños ultimen as súas carrozas de cara á celebración, o vindeiro 5 de xaneiro, da Cabalgata Solidaria. «O obxectivo desta iniciativa é amosar aos nenos e nenas un Nadal diferente e centrado na solidaridade, razón pola que nos últimos días a veciñanza traballa na construción das carrozas coas que contará a cabalgata e nas que se levará unha parte dos alimentos e produtos de aseo recadados para os usuarios e usuarias do Centro de Recursos Solidarios de Narón», explicou a edil de Acción Social, Catalina García. As persoas que desexen colaborar poden dirixirse aos locais sociais das parroquias, onde se recollerán diferentes produtos ...

Leer más »

O Centro de Recursos Solidarios de Narón precisa voluntarios para clasificar os xoguetes que se repartirán este Nadal

FERROL360 | Mércores 23 decembro 2015 | 9:29 A concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, solicita a colaboración dos naroneses na campaña de Nadal organizada polo Concello para que ningún neno se quede sen xoguetes nestas festas. A edil explicou que no Centro de Recursos Solidarios de Narón se agradece toda a axuda posible para revisar e clasificar os xoguetes que se doaron e que o vindeiro día 30 de decembro se entregarán ás familias con menos recursos que os solicitaron formalmente a través do Servizo Sociocomunitario. As persoas interesadas en colaborar deben presentarse nas instalacións do Centro, ubicado nunha nave da parcela 23 da avenida Gonzalo Navarro, no polígono industrial de Río do Pozo (ao lado da antiga firma Vidrieras Alvariño), entre as 10.00 e as 13.00 ...

Leer más »

Narón inicia unha campaña de recollida de xoguetes no Centro de Recursos Solidarios

FERROL360 | Sábado 28 novembro 2015 | 13:13 O Concello de Narón inicia unha campaña de recollida de xoguetes para o Centro de Recursos Solidarios. As persoas que desexen colaborar poden facelo donando xoguetes novos ou de segunda man, a través dalgún dos dispositivos habilitados para a recollida. Así, poderán entregarse ata o vindeiro 10 de decembro nos centros educativos de Narón e nas Escolas Infantís Municipais, na academia September, en Xuvia, e na Biblioteca Municipal do Alto, en horario de luns a venres de 09.30 a 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas, os sábados de 10.00 a 13.00 horas. Tamén se recollerán no Centro Cívico Social do Alto ata o 19 de decembro, nun festival solidario de Fojeteiros que se celebrará na mesma data na praza de Galicia, ...

Leer más »

Alcalde e concelleiros de Narón explicarán o funcionamento das súas delegacións á cidadanía

REBECA COLLADO | Narón | Xoves 12 novembro 2015 | 19:13 Dar un paso máis na participación para que os veciños de Narón coñezan o funcionamento interno do Concello, ese é o obxectivo do Encontro informativo entre alcalde, concelleiros e naroneses que terá lugar o vindeiro 18 de novembro. A cita será no Pazo da Cultura ás 19:00 horas e poderán asistir as entidades do municipio e veciños a título individual. Os grupos da oposición tamén están convidados e poderán explicar, se así o desexan, o traballo que realizan. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou en rolda de prensa este xoves que o acto está aberto a quen «teña interesen en coñecer o funcionamento da administración local». Blanco subliñou que Narón leva «moitos anos dando participación» aos veciños ...

Leer más »

O Festival Solidario recada 1.400 euros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

FERROL360 | Martes 6 outubro 2015 | 14:27 O III Festival Solidario, celebrado o pasado domingo no Pazo da Cultura de Narón, recadou un total de 1.400 euros que se destinarán ao Centro de Recursos Solidarios. Ademais, durante o acto entregouse o Premio Solidario á empresa Lidl polas doazóns que realiza ao longo do ano ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Unha exhibición de zumba, actuación musical de Los Zares, proxección dun vídeo no que se contaba a historia do Centro de Recursos Solidarios e a música do Grupo Magenta e La Promesa, compuxeron o programación deste Festival. A tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Acción Social, Catalina García, agradecen á veciñanza o respaldo a este evento, así como todas as doazóns que ao ...

Leer más »

A III Gala Salsera Solidaria celebrarase este sábado na discoteca Onda

FERROL360 | Venres 18 setembro 2015 | 15:368 Baile e solidariedade, hai mellor combinación? Este sábado terá lugar a III Gala Salsera Solidaria coa que se recadarán alimentos non perecedeiros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Os asistentes deberán aportar un kilo de alimentos para poder entrar ao lugar onde se celebra a cita: na discoteca Onda, a partires das 22:30 horas. As actuacións comezarán ás 23.30 horas e correrán a cargo do grupo de danza oriental Arabesque e a academia de baile Fusion Dance, de Fene. Elisabeh Arenas, de Salseros Solidarios Ferrol, a entidade organizadora anunciou que haberá numerosas sorpresas no transcurso da gala e anima aos asistentes a participar activamente nas sesións de baile. Na organización do evento están ademais DJ Tito Boricua, Jaime Martínez, que ...

Leer más »

Narón celebra a «Semana do Corazón» cunha charla e desfile solidario este venres

FERROL360 | Venres 18 setembro 2015 | 10:59 Dentro dos actos programados para celebrar a «Semana do Corazón», organizada por Amicor e coa colaboración do Concello de Narón, este venres terán lugar unha charla na que se falará sobre os riscos cardiovasculares e o desfile solidario Mulleres en vermello. As citas serán no local social do Couto ás 18:30 e 19:30 horas, respectivamente. Despois do desfile solidario haberá tamén unha sesión de bailes de salón, unha actuación do cantautor ferrolán Marcos Mella e outra da coral Entre elas, formada integramente por mulleres. Os asistentes deberán entregar na entrada algún alimento non perecedeiro, roupa de segunda man ou calzado, para doalo ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Ademais, a organización recomenda acudir vestidos de cor vermella para facer un guiño ...

Leer más »

Arranca un novo curso para a Escola de Participación Cidadá de Narón

FERROL360 | Miércoles 2 septiembre 2015 | 14:32 O mes de setembro é o mes da volta á normalidade, ás rutinas e actividades. A Escola de Participación Cidadá do Concello de Narón comeza este mércores a súa actividade normal con xornadas de atención ao público e visitas para asesorar ás entidades que o requiran. O horario de atención ao público das oficinas, localizadas no baixo da Casa da Cultura, será os mércores, xoves e venres de 09.30 a 13.30 horas. Fóra deste horario tamén poden concertarse citas chamando ao número de teléfono 629.747.336. Pero iso non é todo, porque a Escola de Participación Cidadá de Narón tamén estuda a posibilidade de realizar encontros nos locais sociais dos diferentes barrios e parroquias do municipio ou nas oficinas da Casa da Cultura. ...

Leer más »

O Centro de Recursos Solidarios de Narón recibiu 2.235 quilos de alimentos e produtos de hixiene

FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 14:53 Nos vindeiros días o Centro de Recursos Solidarios de Narón comezará entregar as últimas doazóns realizadas este mes, que permitiron recadar un total de 2.235 quilos de alimentos e produtos de hixiene. Así, na última «Operación quilo» recolléronse 1.331 litros de leite; 157 de aceite; 80 de cacao; 149 de azucre; 219 quilos doutros alimentos e 135 unidades de produtos de hixiene. A esta campaña hai que sumar as doazóns realizadas pola Asociación de Veciños de Castro, a Cooperativa do Val e as entregas realizadas no Mercado de Segunda Man de Sedes, no que se recadaron 102,5 quilos de diferentes produtos. Todas estas aportacións suman os 2.235 quilos de produtos de alimentación e de hixiene recadados no que vai deste mes de ...

Leer más »

Narón repite receta con la entrada del BNG en un gobierno tripartito y deja la puerta abierta a nuevos pactos

MARTA CORRAL | Narón | Viernes 3 julio 2015 | 17:42 El alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado de los representantes de TEGA, PSOE y BNG -Guillermo Sánchez Fojo, Catalina García y Pablo Villamar-, firmaban este viernes el documento que da luz verde al tripartito naronés, después de que la asamblea nacionalista aprobase el acuerdo de mínimos que les abre las puertas del gobierno tras 20 días desde la toma de posesión. Sobre la mesa un texto en que se recogen «ideas moi claras», según Blanco, con la premisa de «o primeiro as persoas» como piedra angular de la coalición. En este sentido, apuestan por mejorar los servicios, dotar de más presupuesto del Centro de Recursos Solidarios, completar el saneamiento de la zona rural, exigir a las administraciones el ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies