Home / Archivo de Etiquetas: Catalina García (página 3)

Archivo de Etiquetas: Catalina García

Narón recibe a cinco nenos dunha rexión cercana a Chernóbil que pasarán o verán con familias de acollida

REBECA COLLADO | Narón | Xoves 25 xuño 2015 | 18:15 Cinco pequenos procedentes dunha rexión cercana a Chernóbil pasarán os meses de verán en Narón con familias de acollida. Os nenos teñen idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos e adáptanse moi ben, aínda que só levan no municipio catro días. Este mércores os rapaces foron recibidos pola corporación local, que entregoulles un vale de 60 euros para material deportivo e escolar. A concelleira de Acción Social, Catalina García, dedicou aos pequenos unhas palabras de benvida en ruso e desexoulles que pasaran unhas boas vacacións. García indicou ademias que «a familia medra e aumenta», xa que «o ano pasado tiñamos a dous nenos e este ano temos a sorte de ter a cinco». A edil tamén aproveitou ...

Leer más »

Acordo entre TEGA e PSdeG-PSOE para gobernar Narón

FERROL360 | Martes 16 xuño 2015 | 20:00 Os membros de Terra Galega e do PSdeG-PSOE chegaron a un acordo para conformar equipo de goberno en Narón, no que TEGA terá dez edís e os socialistas dous. As dúas forzas reeditan o pacto da pasada lexislatura co obxectivo de defender os intereses dos naroneses, segundo indican nun comunicado desde Terra Galega. Así, os socialistas Catalina García e Octavio Dopico formarán parte do grupo de goberno despois de que a militancia aprobara maioritariamente dar este paso nunha asemblea celebrada este luns. García continuará ao frente da concellería de Acción Social e Participación Cidadá, ao igual que na pasada lexislatura, e Dopico asume a concellería de Sanidade e Medio Ambiente. O equipo de goberno aínda non está pechado, á espera de coñecer ...

Leer más »

Catalina García, candidata PSOE Narón: «O mellor foi poder axudar a esas 1.300 persoas que atendemos dende o Centro de Recursos Solidarios»

FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:56 Catalina María García Blanco leva doce anos militando no PSdeG-PSOE e desde o ano 2004 é a secretaria xeral da agrupación socialista de Narón. Para esta naronesa de adopción, xa que naceu en Chanteiro, estas serán as súas terceiras eleccións como cabeza de lista do partido. Antes de entrar en política, a candidata socialista pasou por diferentes traballos. Así, estivo no sector textil, servizos e hostalería, tamén foi autónoma no sector da alimentación e traballou como administrativa, canguro e coidadora. Tocoulle tamén pasar un tempo no paro, “como calquera cidadán de a pé”. FERROL360 – Un problema, unha solución: Cooperativa de Pedroso CATALINA GARCÍA – É un drama o que están a pasar as persoas afectadas pola Cooperativa de Pedroso, nós estamos ...

Leer más »

O PSOE de Narón propón unha piscina olímpica mancomunada e deportes para os máis novos

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 19:37 A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Narón, Catalina García, pasou este domingo facendo deporte na pista verde de Santa Icía, nunha xornada deportiva-familiar. Neste marco presentou algunhas das súas propostas en materia de deporte, co obxectivo de «achegar todas as actividades deportivas á cidadanía e que ninguén se quede sen practicar deporte por motivos económicos». «O Concello de Narón é punteiro en materia de deporte» dixo García, engadindo que «queremos dar máis transparencia aos convenios deportivos e ás subvencións», dando apoios aos clubs dende a igualdade de oportunidades de dereitos. A creación do Consello Municipal de Deportes, a construción dunha piscina olímpica mancomunada en colaboración con outros municipios da comarca «de xeito que podamos desconxestionar o resto de piscinas que temos ...

Leer más »

Catalina García di que Narón é «a reserva dos cidadáns do futuro» co maior número de nenos por habitante da comarca

FERROL360 | Domingo 10 maio 2015 | 19:32 Presentación este domingo da candidatura e do programa do PSOE de Narón para as elección municipais de maio coa candidata á Alcaldía, Catalina García, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro. «Aquí en Narón participamos no goberno e a man do PSOE se nota e se sinte», dixo Besteiro que encomiou a posta en marcha do centro de recursos solidarios. Tampouco se esqueceu o secretario dos socialistas galegos das contas pendentes co municipio e sinalou que reivindicarán «o centro de saúde e o saneamento da zona rural» e para elo «hai que ter forza no Concello». O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegurou que a candidata en Narón é «unha aposta segura e solvente». Catalina García indicou que traballará para ...

Leer más »

El PSOE pide a Fomento que dote de pasos de peatones a las rotondas de O Ponto y la carretera de la Trinchera

FERROL360 | Lunes 4 mayo 2015 | 20:17 La diputada socialista en el Congreso, Paloma Rodríguez, ha presentado dos proposiones no de ley en las que solicita al Ministerio de Fomento que realice las modificaciones necesarias en las glorietas de O Ponto y la carretera de la Trinchera para mejorar la accesibilidad de los peatones y evitar la posibilidad de que se produzcan accidentes. Rodríguez se ha reunido este lunes con la candidata del PSdeG-PSOE a la Alcaldía y edil de Acción Social y Participación Cidadá de Narón, Catalina García, para dar cuenta de la presentación de estas iniciativas parlamentarias que buscan dotar de pasos de peatones a ambas rotondas. En la batería de preguntas para su respuesta en la comisión del Ministerio de Fomento, Rodríguez se interesa por el ...

Leer más »

Narón homenaxeou a Carmen Romero Salazar no Día Internacional do Pobo Xitano

FERROL360 | Xoves 9 abril 2015 | 11:12 Este mércores celebrouse o Día Internacional do Pobo Xitano, unha data que o Concello de Narón conmemora cada ano con diferentes actos e que nesta ocasión contou cunha novidade especial, xa que por vez primeira homenaxean a unha persoa destacada pola súa traxectoria persoal. A elexida foi Carmen Romero Salazar, pola súa loita diaria por coidar da familia. E é que esta muller ten fillos, netos e ascendentes ó seu cargo. As súas ganas de seguir adquirindo coñecementos e de integrarse plenamente na sociedade tamén foron factores fundamentais para a súa elección. «Carmen é un exemplo de que as persoas debemos ser tratadas con respeto, educación e igualdade», indicou a concellería de Acción Social de Narón, Catalina García. A homenaxeada recibiu un ...

Leer más »

O Centro de Recursos Solidarios recolleu 3.500 quilos de alimentos na Campaña de Nadal

FERROL360 | Martes 27 xaneiro 2015 | 18:05 O Centro de Recursos Solidarios de Narón alcanzou a cifra de 3.500 quilos de alimentos recollidos durante a Campaña de Nadal. Ademais, desde a Concellería de Acción Social realizouse unha aportación de 10.500 euros para aceie, leite, produtos de farmacia e material escolar. Durante a I Xornada Solidaria de Fútbol Sala a beneficio do CRS recadáronse 1.000 quilos de alimentos. Mentres que na Cabalgata Solidaria xuntáronse un total de 2.500 quilos de alimentos co mesmo destino. A concelleira de Acción Social, Catalina García, agradeceu este martes a solidariedade de toda a xente que colaborou con esta entidade, que presta servizo a tódalas persoas de Narón e comarca que o precisen. «Quero agradecer á xente a súa colaboración e a súa solidariedade co ...

Leer más »

El gobierno de Narón y el PP local polemizan sobre la escuela infantil de Xuvia

FERROL360 | Jueves 29 agosto 2013 | 18:02 El gobierno local de Narón critica que la Xunta de Galicia deja a casi un centenar de niños del municipio sin escuela infantil en Xuvia, «por non querer asumir a súa xestión». La concejala de Acción Social y Participación Ciudadana, Catalina García, manifesta su desacuerdo con la actuación de la Consellería de Benestar «en non poñer data para asumir a xestión da escola infantil de Xuvia». El concello de Narón propone a la Xunta de Galicia la firma de un convenio para asumir la gestión de la escuela dentro de la red Galiña Azul. En ese convenio el Concello asumiría una tercera parte del coste de esa gestión, «non pedimos que sexa de balde», ha señalado Catalina García. Además, la concejala se ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies