FERROL360 | Luns 28 abril 2014 | 18:10 Dous centros educativos, o CPI de San Sadurniño e o CEIP Plurilingue A Fraga participan no programa de innovación educativa «Sustentabilidade e paisaxe», que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así, os centros recibirán material cartográfico co que traballar e establecer actividades relacionadas coa paisaxe, co obxectivo de poñer en marcha propostas de aula, con carácter innovador, no que a paisaxe se incorpore como obxecto de aprendizaxe. O fin é formar e concienciar ao alumnos no seu papel de voluntarios da paisaxe. O profesorado é o encargado de promover unha participación activa do alumnado, vencellando os coñecementos curriculares cos espazos próximos cotiás, estimulando o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais e proporcionando ao alumnado un rol activo na sociedade. ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: CEIP Plurilingue A Fraga