Home / Archivo de Etiquetas: Centro Torrente Ballester (página 4)

Archivo de Etiquetas: Centro Torrente Ballester

O cantautor Emilio Rúa actuará este xoves no Centro Cultural Torrente Ballester

FERROL360 | Mércores 11 setembro 2013 | 17:56 O ciclo musical Noites na Capela trae esta semana a un artista ourensán de longa traxectoria artística. Comezou cantando na orquestra familiar Concorde Atenea que lle permitiu percorrer toda Galicia e posteriormente participar nalgún concurso. Da o salto á produción discográfica, cando no ano 2000 publica o seu primeiro disco que contou coa colaboración da cantante Uxía Senlle. Visitou o Instituto Cervantes de Leeds e de Manchester, onde tivo a oportunidade de actuar compartindo escenario con artistas como Pedro Guerra ou Ismael Serrano. En 2004 e 2005 participou en diversos certames da canción de autor acadando o segundo e primeiro premio cantando en galego. En 2006 grava Vida Miña, o seu segundo traballo discográfico que supuxo un punto álxido na súa carreira ...

Leer más »

Noites na Capela inaugura setembro co concerto de César de Centi

FERROL360 | Mércores 4 setembro 2013 | 19:31 Despois dun mes de vacacións, a tenue luz da capela do Centro Cultural Torrente Ballester volve acenderse para celebrar un xoves máis o ciclo de concertos Noites na Capela. Esta vez, o responsable de encher con música o local ferrolán, é o cantautor coruñés César de Centi. Con máis dunha década de carreira musical, este artista comprometido leva recorrido moitos locais da nosa xeografía. Realizou numerosas colaboracións en concertos e discos de outros artistas, participou en festivais da canción de autor e a súa vena solidaria reflíctese no compromiso que adquire actuando en campañas e concertos para diferentes oenegués. Considérase un afortunado de ter compartido escenario con artistas como Gustavo Almeida, Marwan, Tontxu , ou o seu querido Carlos Chaouen. Actualmente prepara ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies