REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 29 xuño 2016 | 14:39 A plataforma pola remunicipalización dos servizos de Ferrol celebra este mércores dous actos na cidade sobre o rescate da xestión pública da auga. O primeiro tivo lugar no Concello de Ferrol, coa participación do alcalde da cidade, Jorge Suárez, o xerente de AEOPAS, Luis Babiano, concelleiros de Narón e Mugardos, e membros da plataforma. O alcalde aposta por «avanzar na posibilidade de remunicipalizar os servizos públicos», que «nunca deberían ser privatizados». Suárez sinala que o Concello está tratando de solventar a complexa relación con Urbaser no tema da auga «a través da comarcalización de servizos cun proxecto de xestión mancomunada do saneamento». O pliego técnico desde proxecto, dixo o rexedor, vaise encargar á empresa municipal de augas de A ...
Leer más »Aberto o prazo para presentar traballos ao Concurso de Debuxo Infantil de Cosma
FERROL360 | Domingo 1 maio 2016 | 18:15 A empresa mixta de augas de Narón, Cosma, convoca a oitava edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil, dirixido a escolares de terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de Primaria do municipio. «O ciclo da auga, unha aventura para valentes» é o lema deste certame para o que se poderán presentar traballos ata o vindeiro 2 de xuño. Os participantes deberán amosar nos debuxos o seu coñecemento sobre cada unha das fases do ciclo da auga a través dun conto, inspirándose en personaxes como magos ou paladíns, entre outros, para potenciar a súa creatividade e concienciarse sobre a importancia deste recurso natural. O concelleiro de Servizos de Narón, Iván Santalla, salienta o éxito que ano tras ano alcanza esta convocatoria dentro da ...
Leer más »A Mancomunidade encarga un estudo para determinar que servizos poden compartir do ciclo da auga
FERROL360 | Luns 10 agosto 2015 | 19:25 Este luns celebrouse o pleno da Mancomunidade dos municipios da ría de Ferrol no que os rexedores acordaron encargar un estudo para determinar que servizos poden compartir do ciclo da auga e apoiaron a solicitude do Club Praia de Pantín para a declaración do Pantín Classic como Festa de Interese Turístico de Galicia. O presidente da Mancomunidade, Jorge Suárez, informou aos rexedores da xuntanza que el e o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantiveron cos responsables de Aguas de Galicia co obxectivo de implicar a Administración galega nun deseño integral para o ciclo da auga que camiñe cara a un servizo mancomunado. Por unanimidade, os alcaldes acordaron encargar un estudo para ver cales son as posibilidades e canles para avanzar neste ...
Leer más »