Home / Archivo de Etiquetas: Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene

Archivo de Etiquetas: Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene

Aberta a convocatoria do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

FERROL360 | Luns 12 xuño 2017 | 10:08 O Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene convoca unha nova edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, que este ano cumpre 30 anos. As persoas interesadas en participar neste certame deberán presentar antes do 15 de setembro un libro de poesía en lingua galega cunha extensión mínima recomendada de 300 versos. Como novidade nesta XXX edición, os libros presentaranse en formato dixital. A escolla ortográfica dos libros non será obxecto de valoración por parte do xurado. Os textos enviaranse por correo electrónico en formato PDF ao enderezo correo@paralle.org e deberán incluír dous arquivos: un titulado ‘obra’ e outro ‘plica’, seguidos ambos polo título ou o lema do libro. O arquivo denominado ‘obra’ non incluirá ningunha referencia ao autor ou autora ...

Leer más »

O catalán Eduard Velasco é o gañador do XXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

FERROL360 | Mércores 5 novembro 2014 | 13:10 O xurado do XXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé seleccionou Ruído de trens, de Eduard Velasco, coma a obra gañadora desta edición. A entrega do premio será o sábado 15 de novembro ás 20:00 horas na sede do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. Na acta do xurado -formado por Gonzalo Hermo, Mariña Pérez Rei e Carlos Quiroga- saliéntanse tamén as obras presentadas baixo os títulos Xarda e Malãkh. Eduard Velasco naceu en Barcelona en 1982 e reside en Compostela desde o 2006. É licenciado en Filoloxía Catalana e Filoloxía Galega pola Universitat de Barcelona. Adícase á divulgación cultural entre as culturas galega e catalá e colaborou en varios medios galegos -como A Peneira, Sermos Galiza ou Vieiros-, ademais ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies