FERROL360 | Mércores 20 abril 2016 | 10:56 O presidente do Padroado da Cultura de Narón, José Manuel Blanco, e o seu homólogo na Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón, Manuel Rodríguez, asinaron este martes un convenio de colaboración para impartir clases de solfexo e de instrumento no municipio. A aportación económica acada os 50.000 euros, 5.000 euros máis ca no anterior. Ademais desta achega á entidade cultural, o Padroado cederá novos instrumentos, que deberán conservarse en bo estado. Pola súa parte, Sementeira comprométese a impartir clases de solfexo e de instrumentos de vento e percusión de primeiro a quinto nivel; a manter a actividade das bandas de música –A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira– e a realizar dez concertos anuais no municipio. O convenio expira o ...
Leer más »A ACM Sementeira recibirá 42.000 euros do Concello de Narón para o ensino musical
FERROL360 | Xoves 10 abril 2014 | 14:18 A Asociación Cultural Musical ‘Sementeira’ de Narón e o Padroado de Cultura municipal asinan un convenio de colaboración por un importe de 42.000 euros para que a entidade continúe ofrecendo clases de solfexo e instrumento. O alcalde, José Manuel Blanco, reuniuse este xoves co presidente deste organismo cultural, Manolo Rodríguez, para pechar un acordo que lles permitirá desenvolver durante o corrente ano as súas actividades. Ademais, o Concello naronés cederá en usufruto os distintos instrumentos para o ensino dos alumnos e alumnas, que a ACM Sementeira deberá manter en bo estado de conservación. A cambio, a entidade continuará ofertando clases semanais de linguaxe musical, ademais de manter a actividade nas bandas infantil e XBN -Xove Banda de Narón-.
Leer más »