Home / Archivo de Etiquetas: Columna Caranceira

Archivo de Etiquetas: Columna Caranceira

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra protestarán este martes diante de Navantia

FERROL360 | Martes 29 abril 2014 | 16:01 As Marchas da Dignidade da comarca de Ferrolterra levarán a cabo unha concentración de protesta e unha asemblea aberta este martes ás 19:00 horas, diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao Campo das Ánimas. Segundo o comunicado das Marchas, o motivo da mobilización é que «somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agreden» e queren «recoller» o exemplo da Carga de Dignidade. «Porque non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer da nosa comarca un deserto en ruínas» advirten dende as Marchas, que destacan que «se as loitas se unen si se pode». Deste xeito, o movemento social ...

Leer más »

Marchas da Dignidade, todas as claves

REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 19 marzo 2014 | 11:00 Pan, traballo e teito. Así de básico e esencial é o lema das Marchas da Dignidade. Quen non está de acordo en acadar algo tan primordial?. Precisamente nese punto de consenso traballa o movemento, que busca aglutinar «todas as loitas» que se están a dar e pelexar polo máis elemental: poder comer, poder traballar e ter unha vivenda. As diferentes columnas que compoñen as Marchas da Dignidade sairán desde diferentes puntos de todo o país cara Madrid para darse cita este sábado na que esperan sexa unha grande manifestación. De Ferrolterra partirán cerca dun centenar de persoas, en bus e tren, coa ilusión de mudar a situación que estamos a vivir. Daniel Melcón e André Martínez participarán nas Marchas ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies