FERROL360 | Xoves 27 abril 2017 | 10:50 Con motivo da vindeira celebración do Día das Letras 2017, a Concellería de Cultura de Fene e e os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do concello convocan a sétima edición do concurso de Microrrelatos e o cuarto Certame de Creación Artística «En galego? É o noso!». Ambos están dirixidos ao alumnado dos centros educativos do Concello de Fene. Os rapaces interesados en participar no concurso de Microrrelatos deberán elaborar un texto narrativo en lingua galega, que non poderá exceder as 150 palabras e que, partindo do tema proposto este ano que son «As columnas `Á marxe´ de Carlos Casares», comece polo seguinte texto: O gato Samuel. O concurso constará de dúas fases: unha interna e outra intercentros. Na fase ...
Leer más »Home / Archivo de Etiquetas: Concellería de Cultura de Fene