Home / Archivo de Etiquetas: Concellería de Cultura Ferrol

Archivo de Etiquetas: Concellería de Cultura Ferrol

Arte e baile na programación dos Sábados Miúdos de xuño

REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 3 xuño 2016 | 11:13 Os miúdiños da casa terán a oportunidade de participar en sesións de plásticas, debuxo e baile dentro da programación dos Sábados Miúdos deste mes de xuño. Actividades de balde pensadas para conciliar a vida familiar e laboral, así como para ofertar unha programación específica para os peques que se vai desenvolvendo en diferentes barrios da cidade. As sesións miúdas recalan este sábado no Centro Cultural Torrente Ballester, ás 12:00 horas, cun obradoiro de debuxo e plástica a cargo de Carmen Martín. Non é preciso inscrición previa e a actividade está pensada para nenos de 4 a 12. Este obradoiro repetirase o sábado 11 de xuño, á mesma hora e no mesmo lugar. E para pechar a programación dos Sábados ...

Leer más »

O centro cultural Carvalho Calero acollerá cinco exposicións didácticas ata finais de curso

REBECA COLLADO | Ferrol | Xoves 28 xaneiro 2016 | 17:00 Co obxectivo manter unha programación estable no centro cultural Carvalho Calero e de imprimille un carácter didáctico, a Concellería de Cultura de Ferrol programa cinco exposicións neste centro ata o mes de xuño. Mostras abertas ao público en xeral, pero que teñen nos alumnos da cidade e da comarca aos seus principais destinatarios. O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, explicou na presentación do calendario expositivo que trátase dunha «programación ambiciosa» na que se abordará temas de actualidade. A primeira das exposicións será a mostra dos fondos da Asociación de Amigos do Ferrocarril, que conta con maquetas e pezas históricas que nos levan a realizar un percorrido pola historia do tren. A exposición abrirá as súas portas o 4 de ...

Leer más »

Davide Salvado e Caxade chegan este xoves ao Jofre dentro do ciclo de concertos Na Raíz

FERROL360 | Martes 17 novembro 2015 | 9:58 Música galega para continuar o ciclo de concertos Na Raíz, da man de Davide Salvado e Caxade que actuarán este xoves, ás 20:30 horas, no Teatro Jofre. Promovido pola Concellería de Cultura de Ferrol, os protagonistas de Na Raíz son artistas que rachan con moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición. Davide Salvado foi o segundo galego, despois de Mercedes Peón, convidado a participar no WOMEX, a feira de World Music máis importante do mundo no ano 2014. Este mariñés namorado do rural presentará en Ferrol o seu último álbum Lobos, no que amosa o seu amor pola tradición, a terra, a lingua e as xentes. En especial, por esas mulleres fortes, pandereteiras e bailadoras, nas que Davide recoñece a súa ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies