Home / Archivo de Etiquetas: concellería de Normalización Lingüística Ferrol

Archivo de Etiquetas: concellería de Normalización Lingüística Ferrol

Este mes de marzo os peques da casa teñen unha cita cos «Sábados Miúdos»

REBECA COLLADO | Ferrol | Martes 1 marzo 2016 | 18:40 Actividades didácticas, de balde, en galego e divertidas. Os «Sábados Miúdos» son a perfecta combinación de lecer, aprendizaxe e conciliación da vida familiar e laboral. Unha cita á que os peques da casa non poden faltar e que terá lugar todos os sábados de marzo no museo da Sociedade Galega de Historia Natural, de 11:30 a 12:30 horas. A iniciativa, que non ten límite de prazas, está dirixida a nenos de 3 a 12 anos. Polo Correo do Vento serán os encargados de impartir estes contacontos nos que se falará das historias de mulleres científicas galegas, dous delas ferrolás. Así, a oceanógrafa Ángeles Alvariño, a astrónoma Antonia Ferrín e a veterinaria Rebeca Atencia protagonizarán as tres primeiras sesión. As ...

Leer más »

A preparación olímpica de Gómez Noya protagoniza o Conto Viaxeiro do Concello de Ferrol

FERROL360 | Venres 26 febreiro 2016 | 18:03 A Concellería de Normalización Lingüística de Ferrol ven de poñer en marcha unha iniciativa nos colexios do municipio enfocada a achegar e estender o emprego da lingua galega dun xeito atractivo entre os máis pequenos e as súas familias. O Conto Viaxeiro, que nesta nova edición ten como protagonista a Javier Gómez Noya diríxese a rapaces de 2º, 3 º, e 4º de Educación Primaria. O seu adestramento para os Xogos Olímpicos de Río é o argumento introdutorio que teñen que desenvolver os alumnos con todos os recursos imaxinativos posibles. A actividade consiste en realizar un conto ilustrado de xeito colectivo ao longo de varias sesións. En cada unha delas participa un grupo diferente de nenos, que se encargarán de idear, escribir ...

Leer más »

Pitusa Semifusa chega o domingo 27 a Ferrol para achegar aos peques a música como un xogo

FERROL360 | Martes 15 decembro 2015 | 11:03 O Concerto didáctico, e de balde, para nenos de 0 a 6 anos de Pitusa Semifusa chegará ao teatro Jofre o domingo 27 de decembro. A cita será ás 18:30 horas e desde este sábado xa se poderán recoller as entradas na billeteira do teatro. Os nenos serán os auténticos protagonistas da actividade, na que aprenderán, gozarán e tocarán os distintos instrumentos. O obxectivo é que recoñezan os diferentes sons desde unha idade temperán. Esta actuación, que conta coa participación de nomes propios da música galega como Serxio Tannus, Uxía ou Quim Farinha, forma parte da programación do Nadal para os mais cativos da casa da Concellería de Participación e Normalización Lingüística. As invitacións pódense retirar no horario habitual da billeteira e ...

Leer más »

Aberto o prazo para participar no II Certame literario «Carmela Loureiro» dirixido a alumnos non universitarios

FERROL360 | Martes 3 novembro 2015 | 10:35 A concellería de Normalización Lingüística convoca o II Certame literario «Carmela Loureiro», dirixido ao alumnado de Primaria, Bacharelato e Ciclos dos centros de ensino de Ferrol. Os particiantes poden concursar en tres categorías: microrrelato, micropoesía e microteatro, que incorpórase por primeira vez. O alumnado dos centros de ensino da comarca que forman parte da Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra, CENL, tamén poderán tomar parte no certame. O prazo para entregar os traballos en cada centro na fase interna remata o 16 de novembro e para a fase intercentros remata o 16 de decembro de 2015. Este certame sirve coma homenaxe a Carmela Loureiro. Unha profesora en Ferrolterra e presidenta do CENL durante anos, que adicou o seu tempo e ...

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies