Home / Archivo de Etiquetas: Concello de Narón. Mundo rural

Archivo de Etiquetas: Concello de Narón. Mundo rural

Teatro, música tradicional galega e varios obradoiros para celebrar o Oenach Atlántico 2016

FERROL360 | Venres 24 xuño 2016 | 12:15 Do 29 ao 31 de xullo Sedes celebrará unha das súas citas culturais más importantes: o Oenach Atlántico 2016. A XVIII edición desta Festa de Interese Turístico de Galicia contará cun completo e variado programa de actividades con teatro, música tradicional galega e varios obradoiros. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro e a presidenta da AVV Rosa dos Ventos, Julia Montero, foron as encargadas de presentar as actividades e o cartaz desta edición este venres no local social de Sedes. Ferreiro salientou o traballo que ano tras ano realizan os veciños «para manter en pé esta celebración coa que se aposta por recuperar e dar a coñecer a tradición e cultura galegas». O programa comezará o día 29, ás 21:00 horas, coa ...

Leer más »

Narón organiza unha Feira Multisectorial do mundo rural no mes de abril

FERROL360 | Venres 14 marzo 2014 | 12:38 O Concello de Narón está a organizar unha Feira Multisectorial aberta a todo tipo de expositores relacionados co mundo rural, como artesanía, alimentación e gandería, ademais de agricultura e medioambiente. Así, o evento substitúe á tradicional Feira de Maquinaria Agrícola e Árbores Froiteiras e celebrarase os días 12 e 13 de abril no recinto feiral do Trece (Sedes). Os autónomos interesados en participar poden informarse e inscribirse no Concello, chamando previamente ó teléfono 981 33 77 00 (extensión 2201). A participación é gratuíta.

Leer más »
En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies